O Concello pon en marcha un novo plan fiscal para a dinamización do mercado da vivenda. Así o anunciou esta mañá o voceiro municipal e primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage Tuñas, descatando unha serie de medidas fiscais a nivel municipal que tratan de incentivar a saída de vivendas baleiras ao mercado. Unha medida necesaria para meter no mercado a metade das xa famosas 20.000 vivendas baleiras da cidade.
I é que o Concello ten rexistrados na cidade 1.087 propietarios/as que posúen 5 ou máis vivendas dentro do termo municipal. En total suman 9.206 vivendas. Deses 1.087 propietarios, 191 son empresas e o resto persoas físicas. Esas empresas son donas de 2.332 vivendas. Na Coruña, o parque residencial suma un total de 129.177 vivendas. Así, os grandes propietarios posúen na cidade o 7,12% de todas as propiedades.
Outro dato singular que aportou Lage foi o parque de vivendas na Coruña, creceu desde o ano 2019 en 3.399 vivendas, desde as 125.778 cando o asumiu o Goberno de Inés Rey ata as 129.177 actuais.
Durante o 2027, o Concello realizará un censo coas vivendas baleiras dos grandes propietarios (aquelas persoas físicas ou xurídicas que posúen 5 ou máis vivendas). Unha vez notificados e censados, farase unha recarga do 50% na factura do IBI por cada unha das vivendas en desuso. Non obstante, o recargo será efectivo soamente sobre as vivendas que estean baleiras, e manterase a mesma factura para aquelas que estean en uso.
O método para identificar as vivendas baleiras seguirá dous criterios. Un, que non conste no rexistro ningunha persoa empadroada na propiedade. Ou dous, que o consumo de auga no inmoble sexa inferior aos 6 metros cúbicos ao ano —menos de 0,10 metros cúbicos ao día—.
Tamén incentivar aos pequenos propietarios
Ademais desta modificación na política fiscal, o Concello tamén porá en marcha outra medida, que busca incentivar a saída a alugueiro dos pisos dos pequenos propietarios. “Imos elaborar para o primeiro trimestre de 2027 unha proposta fiscal que incentive e bonifique aos pequeño propietarios para que as vivendas sen uso poidan incorporarse ao mercado de aluguer” , apuntou Lage Tuñas.
Máis novas
(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas
Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade
As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

