InicioDEPORTESOs 80 deportistas herculinos que recibirán unha bolsa municipal

Os 80 deportistas herculinos que recibirán unha bolsa municipal

Publicada o

Por Redacción

O Concello da Coruña vén de anunciar a concesión definitiva das bolsas municipais destinadas a deportistas individuais para o exercicio 2026, que beneficiarán a máis de 80 deportistas de diferentes disciplinas e suporán un importe total de 158.600 euros en axudas concedidas.
As axudas teñen como finalidade contribuír ao financiamento dos gastos derivados da actividade deportiva e da participación en competicións oficiais, como desprazamentos, licenzas federativas, inscricións ou adquisición de equipamento.

Entre as persoas beneficiarias dunhas axudas de entre 5.000 e 800€ figuran deportistas que acadaron resultados relevantes ao longo de 2026 en competicións nacionais e internacionais.
É o caso da halterófila Irene Blanco, que se proclamou tripla campioa de España absoluta na categoría de 86 quilos, tras conseguir tres medallas de ouro nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico.
Tamén figura na relación a skater Julia Benedetti, que este ano conseguiu o segundo posto na primeira proba das Iberdrola Skate Series de Vert e a medalla de bronce na última cita desta competición, celebrada en setembro.
Pola súa banda, o pescador deportivo David Arcay proclamouse subcampión do mundo individual de pesca a mosca no campionato celebrado en setembro en Idaho Falls, nos Estados Unidos.

Na modalidade de natación, Paula Otero conseguiu este ano dous títulos de campioa de España nos 400 e 1.500 metros libres, ademais dunha medalla de prata nos 800 metros. A nadadora tamén acadou o bronce na proba de tres quilómetros knockout da Copa do Mundo de augas abertas celebrada en maio en Cerdeña (Italia).
Outro dos deportistas beneficiarios é Jacobo Garrido, que se proclamou campión de Europa de natación paralímpica nos 400 metros libres da clase S9. No campionato celebrado en setembro en Kocaeli (Turquía), tamén conseguiu dúas medallas de prata, nos 100 metros bolboreta e no relevo de 4×100 metros libres.

Maia Freire Campionato de Espana
Maia Freire nunha competición co Club do Mar en 2023

Tamén destaca a xogadora de bádminton Maia Freire, que obtivo a medalla de bronce individual no Czech International Sub-17 e que, no Spanish International Sub-17 celebrado en novembro en Ibiza, conseguiu dous ouros nas probas de dobres feminino e dobres mixto, ademais dunha prata individual.

A relación de persoas beneficiarias inclúe tamén deportistas como Alberto Seoane, na modalidade de tenis de mesa; Jorge Juan Tábara, en vela; ou Ignacio Mateo, en golf, entre outros representantes das diferentes disciplinas deportivas.

Outros deportistas recoñecidos:

  • SESAR VILA, CARLA (TAEKWONDO).
  • DEL CASTILLO RAMOS, SARA (BÁDMINTON).
  • PEREIRO CONCHA, VERA (ESGRIMA).
  • VALES FERNANDEZ, NOREIA ( TAEKWONDO).
  • MATEO FRAGA, IGNACIO (GOLF)
  • CIMA FERNANDEZ, PAULA (JUDO).
  • LAMAS GARCIA, ALVARO (TAEKWONDO).
  • PONCELA PETEIRO, INES (BÁDMINTON).
  • CAMARA AREA, MAWA (JUDO).
  • MARTINEZ SANTIAGO, IRENE (HALTEROFILIA ).
  • CANEDO OTERO, PAULA (HALTEROFILIA).
  • SILVARREY OREIRO, MARCOS (ORIENTACION MTBO).
  • FERNANDEZ RODRIGUEZ, ELISA (TAEKWONDO).
  • FERNANDEZ GARRIDO, IAGO (ESGRIMA ENSILLA).
  • SILO MENGUE, DIGNA ADA (HALTEROFILIA).
  • RIVAS TORRES, PAULO (NATACIÓN).
  • LAGO PEREZ, DANIEL (JUDO).
  • PEREZ GOMEZ, HADRIAN (ESCALADA).
  • CARREIRA MALLO, PABLO (TAEKWONDO).
  • BASCOY RENTERIA SEBASTIÁN (ATLETISMO).
  • GRAÑA FAJARDO, CONSUELO ( ESCALADA DEPORTIVA).
  • CUBEIRO ROSENDE, XOEL (NATACIÓN AGUAS ABIERTAS).
  • SUAREZ MARTINEZ, DIEGO (NATACIÓN).
  • GARCIA PERNAS, DANIEL (HALTEROFILIA).
  • GOMEZ PATO, ELENA (AGILITY).
  • FRAGA FUENTES, MARTA ( PATINAJE ARTÍSTICO).
  • BARBE LOPEZ, SERGIO (JUDO).
  • FERNANDEZ DOMINGUEZ, CARLOTA (TAEKWONDO).
  • SOUSA LAVANDEIRA, ZELTIA *(JUDO).
  • PRADA MAROÑO, IAGO (TRIATLÓN).
  • SANCHEZ LANDEIRA, ANGEL (GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • FERREIRO RODRÍGUEZ, GERMÁN (ESGRIMA).
  • CABARCOS MÉNDEZ, JOSE LUIS (SKATEBOARDING).
  • CADENAS SUAREZ, GUILLERMO *(JUDO).
  • EIROA SEOANE, ALBA (PATINAJE DE VELOCIDAD).
  • LOPEZ ROMAY, DANIEL (JUDO ).
  • SALGUEIRO UCEIRA, DANIEL (ATLETISMO).
  • FERNÁNDEZ LÓPEZ, NOA (PESCA ).
  • GOMEZ PATO, JACOBO (TENIS).
  • RIVAS PIOTROWSKI, ANGEL DAVID (ESGRIMA).
  • SANCOSMED VAZQUEZ, JUAN JOSE (ORIENTACIÓNROGAINE).
  • SUAREZ VELEIRO, PABLO (JUDO).
  • SILVARREY OREIRO, DIEGO (MTBO ORIENTACION).
  • NUÑEZ TALÍN, PEDRO (VELA).
  • RODRIGUEZ BERMUDEZ, ADRIAN (JUDO).
  • ODRIGUEZ ROSARIO, YOKEIRY (HALTEROFILI).
  • TOREA TAJES, TIAGO (TAEKWONDO).
  • OSAYANDE IMASUEN, JOHANA EMUWANHEN (HALTEROFILIA).
  • GARRAN CASAL, REBECA (JIU JITSU).
  • SANTOS IGLESIAS, LAURA (BÁDMINTON).
  • URES LAUDA, MARTINA (GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • DIAZ SANCHEZ, JAIME (VELA).
  • LOPEZ TURIÑO, HUGO (NATACIÓN).
  • MONTERO MARTIN, MANUEL (TAEKWONDO).
  • QUINTAS SESTAYO, ADRIAN (TAEKWONDO).
  • ARNOSO NAVEIRAS, HUGO ( TAEKWONDO).
  • GARCÍA GARAY, MARCOS ( NATACIÓN).
  • LOUREIRO ARROJO, LIA * ( ATLETISMO).
  • RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, PAULA (NATACIÓN).
  • COIRA VILLARRUEL, CAMINO ( HALTEROFILIA).
  • VINAGRE BARROS, CLAUDIA ( GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • CILLERO SEOANE, ANTON (ATLETISMO).
  • PORTO GONZALEZ, NADIA (GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • NUÑEZ TALIN, PABLO (VELA).
  • BRAVO CONDE, CRISTIAN (NATACIÓN).
  • IGLESIAS RODRIGUEZ, JOSE ( JUDO).
  • ARRUÑADA VAZQUEZ, CARMEN ( NATACIÓN).
  • GARCÍA RODRIGUEZ ARIANE ( TENIS).
  • GARCIA LAREU, BLANCA (GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • NUÑEZ ALVAREZ TOMÁS ( ESGRIMA)
  • FERNANDEZ GARCIA, KEVIN ( KARTING).
  • GUERREIRO SÁNCHEZ, LOLA (GIMNASIA ARTÍSTIC).
  • PÉREZ MONTES, VEGA (GIMNASIA ARTÍSTICA).
  • SOLORZANO MITCHELL, VICTORIA (VELA).

 

ÚLTIMAS

25N na Coruña: ‘O feminismo camiña pa’ diante, o machismo camiña p’atrás’

’O feminismo camiña pa' diante, o machismo camiña p'atrás’, foi un dos cánticos que...

Un cento de entidades volverán xuntarse pola inclusión ‘Baixo o mesmo paraugas’

Unhas 25 entidades volverán xuntarse ete vindeiro xo ves 3 de decembro ‘Baixo o...

Declarados Lugar de Memoria Democrática “a Península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata; Casa Cornide; e a Casa Museo Casares Quiroga”

A Dirección Xeral para a Promoción da Memoria Democrática vén de publicar este pasado...

Os Mariñeiros reescriben a historia do barrio a través das historias migrantes

O Local Asoc. Veciñal A Zoca, na Praza dos Mariñeiros, ao carón do Centro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here