InicioA CORUÑAO polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un...

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís Municipais. Esta mañá, as lonxevas empresas xestoras das 8 escoliñas coñecían pola prensa que o Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galicia, O TACGAL, emitía un informe sinalando que a empresa Sararte (a que saíu gañadora con concurso municipal anunciado en setembro para xestionar a Luís Seoane e a Agra do Orzán) non cumpría os requisitos de solvencia técnica, como denunciaran as ex (ou as “aínda”) quedando excluída do lote 7 da licitación.

Así, e despois da investigación interna aberta dende o Concello trala denuncia das empresas xestoras, o goberno vén de excluír á empresa Sararte do proceso de concesión.

Con todo, o procedemento segue paralizado, coas empresas xestoras iniciais traballando en precario (aínda non fimaron os novos contratos nin as que gañaron o concurso), e sen saber que vai pasar, pero tendo claro que van continuar co recurso ante o contencioso.

Máis novas

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

ÚLTIMAS

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...

O Concello subirá o 50 % do IBI a grandes propietarios de vivendas baleiras

O Concello pon en marcha un novo plan fiscal para a dinamización do mercado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here