InicioBARRIOSTres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas Infantís da cidade. Fano tralo novo proceso de licitación da Rede Municipal que provocou o cambio de empresa xestora en 6 dos 8 centros.

As familias deron 3 voltas á praza, unha por cada reivindicación: Transparencia, Educación e Familia, como lembraron nun manifesto que pretendeu defender unha educación infantil de calidade e con futuro.

Defenderon “un modelo educativo que pon no centro ás nenas e aos nenos”, destacando que ”nestas escolas aprendimos como pais que educar de 0 a 3 anos non é simplemente coidar, e acompañar, crear vínculos, descubrir, aprender e medrar”. De aí a importancia das persoas, da confianza.

Destacaron a importancia que deberían ter as familias e as ANPAs no ensino 0-3, lamentaron non ter recibido información durante todo o proceso de licitación, e dubidan se as novas empresas multiservizos contarán coas familias igual que as anteriores empresas e cooperativas formadas por mestras.

Por todo iso reclamaron “Transparencia neste proceso de licitación, Que os criterios pedagóxicos e a experiencia teñan o peso que merecen; estabilidade para os equipos educativos e prazos axeitados à adaptación dos proxectos educativos. E, sobre todo, que as decisións sobre as escolas se tomen pensando no benestar dos nenos e nenas e na continuidade dos seus proxectos educativos”.

”Non queremos que os criterios económicos estean por riba dos educativos”, sentenciaron en clara alusión ao proxecto de adxudicación.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis novas do caso

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here