InicioBARRIOSAs familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro ás 12:00h na Praza de María Pita. Baixo o lema ‘As EIM son infancia, son futuro’, buscan “defender o futuro do modelo de educación infantil municipal e reclamar que as decisións que afectan estes centros sitúen no centro as nenas e nenos, as súas familias e os profesionais que os acompañan”.

As familias amosan a súa preocupación tras a gran trampa da nova licitación que provocou o cambio de 6 das 8 xestoras da rede municipal das Escoliñas. De feito, este 1 de outubro, cambiarán as directoras neses 6 centros (Luís Seoane, Agra do Orzán, Elviña, Castrillón, Palavea e Os Rosales), aumentando a súa inquedanza.

Piden pois transparencia no proceso licitación, estabilidade nos equipos (só se subrogan as traballadoras pero non as directoras), e sobre todo que os criterios pedagóxicos sexan os que primen sobre os económicos, como xa protestaron aínda hoxe direccións tralas polémicas palabras do Concelleiro.

Nese sentido piden poñer no centro do modelo educativo ás crianzas, ás familias, ás profesionais docentes e a calidade educativa. “Non estamos a falar soamente dunha licitación: estamos a falar de educación”. Para as familias, “o futuro das Escolas Infantís Municipais non pode abordarse unicamente desde unha perspectiva administrativa ou contractual”, lembrando os vínculos que se xeran entre familias e profesionais.

“A nós como familias, non interesa un proxecto económico, é un proxecto educativo, e para iso valoramos o contexto no que se desenvolven estas empresas: As que estaban antes son de carácter educativos, compostas por educadoras; e as novas son empresas multiservizos moito máis grandes que se adican a outros servizos que non teñen que ver coa educación; algunhas delas nin poden asesorar experiencia previa en educación de 0 a 3. Todo isto sumados aos prazos do procedemento fan que as familias teñamos unha incerteza á hora de saber como vai continuar o curso, que expectactivas co proxecto educativo… un montón de situacións que queremos facer visibles co acto de mañá”.

Máis novas do asunto

A gran trampa da nova licitación das escoliñas municipais. “Imos recurrir”

Indignación entre as antigas xestoras das Escolas Infantís tralo vídeo do concelleiro de Educación

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

 

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here