InicioBARRIOS"A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda...

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

Publicada o

Por Redacción

Tras críticas do BNG, tamén o movemento Sumar A Coruña vén de cuestionar unha adxudicación da rede de escolas infantís. O Concello decidiu abrir o procedemento de licitación e escolleu empresas con sede fóra da cidade no canto de manter as concesións aos colectivos formados por formadoras que levaban o peso das escolas durante a última década. Dase a circunstancia que o proceso desenvolveuse despois dun par de anos de protestas por parte das traballadoras das escoliñas.

Para Trinidad Palacios, esta concesión “fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”, e destaca catro problemas de fondo: “o peso dos criterios económicos, a ruptura da coherencia educativa da rede, a consolidación dun modelo externalizado en mans de empresas multiservizos e a necesidade de blindar os dereitos das traballadoras”.

A formación considera preocupante que as familias leven semanas cuestionando o peso dos criterios económicos fronte á experiencia e á continuidade dos proxectos educativos, así como a entrada de compañías multiservizos na xestión dos centros. “Falamos de crianzas, de profesionais e de proxectos construídos durante anos. A educación pública municipal non pode funcionar coa lóxica dunha poxa”, afirma a voceira de Movemento Sumar Coruña.

Sumar Coruña alerta tamén da fractura que pode producirse dentro da propia rede municipal, con escolas que manteñen a súa xestión e outras sometidas a novos proxectos vinculados ás empresas adxudicatarias. “Se falamos dunha Rede de Escolas Infantís Municipais, ten que existir un proxecto común. O modelo educativo non pode depender da empresa que gañe cada contrato”, sinala Palacios.

Para Movemento Sumar Coruña, a adxudicación volve poñer sobre a mesa unha cuestión máis profunda: “por que un servizo público esencial segue dependendo estruturalmente de empresas externas, incluídas compañías multiservizos, en lugar de avanzar cara a fórmulas de xestión pública directa”.

Máis novas

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais reclaman na rúa “feitos concretos”

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here