InicioA CORUÑAA Coruña e Oleiros reciben sendos premios nos Premios Cidades que Camiñan

A Coruña e Oleiros reciben sendos premios nos Premios Cidades que Camiñan

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dúas delegacións dos Concellos da Coruña e Oleiros acodiron esta mañá de venres 17 de outubro á entrega dos Premios Cidades que Camiñan 2025, celebrada en Cádiz. Uns Premios que, baixo o lema “Camiñando a fronteira”, tratan de poñer en valor as accións de humanización e promoción de hábitos de vida saudable das administracións máis próximas.

A Pecadería da Coruña

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz recollendo o premio Cidades que Caminan a Coruna
A concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz recollendo o premio Cidades que Camiñan

A cidade da Coruña foi recoñecida na categoría de urbe de máis de 100.000 habitantes pola transformación do barrio da Pescadería, un proceso de reurbanización integral que reflicte o compromiso municipal cun modelo urbano máis humano, accesible e sostible.
A candidatura coruñesa, titulada “Pescadería, un barrio que se transforma para as persoas”, puxo o foco nas intervencións, cheas de cemento, levadas a cabo nas rúas Compostela, San Andrés e os Cantóns, tres espazos emblemáticos do centro urbano que foron obxecto de actuacións orientadas á recuperación do espazo público, a mellora da accesibilidade e a reorganización da mobilidade.

Este é o segundo ano en que A Coruña recibe este recoñecemento, despois do premio outorgado en 2022 pola creación da Rolda Peonil.

O paseo fluvial de Iñás e Nós de Oleiros

Pola súa parte, Oleiros recibiu o premio na modalidade de concello mediano pola creación do paseo fluvial de Iñás e Nós, como un itinerario alternativo á NVI. Unha senda que facilita a mobilidade natural durante 4 km desa estrada radial por un camiño libre de coches e ruídos, que decorre entre bosques polo interior sur do concello conectando O Seixal con Iñás, e todos os núcleos e urbanizacións que hai ao longo do percorrido.

ÚLTIMAS

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here