InicioCULTURAO Rosalía acolle un encontro galaico-portugués de teatro e literatura

O Rosalía acolle un encontro galaico-portugués de teatro e literatura

Publicada o

Por editor

O domingo 19 de outubro terá lugar a X Xornada da Sección de Literatura Dramática. VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025. Galiza + Portugal, que se vai celebrar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Esta actividade, organizada pola AELG, conta coa colaboración do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, CEDRO e o Camões-Centro Cultural Portugués em Vigo. A entrada é libre e gratuíta.

Para dar apoio e fomento de novos proxectos escénicos a través dunha convocatoria e mostra dos mesmos, dentro dunha xornada para compartir, analizar e debater, naceu o Festival Pezas dun Teatro do Porvir: Galiza + Portugal. Trátase dun festival único en Galiza para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas. Ao mesmo tempo, tamén se procura tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal.

Dentro do programa incluímos unha Masterclass sobre un tema relevante, que neste 2025 vai ser “Dramaturxias que urxen”, impartida por Fefa Noia.

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here