InicioDEPORTESO pioneiro club de fútbol gaélico A Coruña Fillos de Breogán inicia...

O pioneiro club de fútbol gaélico A Coruña Fillos de Breogán inicia os festexos do seu XV aniversario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O de A Coruña Fillos de Breogán non é un aniversario calquera. Son quince anos dun club pioneiro, un título que só se gaña unha vez e que ninguén cho pode quitar: Fillos de Breogán é o primeiro clube de fútbol gaélico da Galiza.

O club vai celebrar este 15º aniversario cunha serie de eventos ao longo de toda a tempada, que se espallarán por diversas ubicacións da cidade que o viu nacer e crecer.

Este sábado 18 de outubro Fillos de Breogán comeza as celebracións do seu quince aniversario, cunha nova edición da Copa McEvoy, homenaxe que Fillos de Breogán rende desde hai anos a unha das personaxes máis significativas da historia do club, o recentemente falecido Seánie McEvoy. O torneo terá formato triangular e nel participarán xogadoras e xogadores actuais do club, así como veteranos e veteranas que voltarán aos terreos de xogo para esta xornada de celebración. Os partidos darán comezo a partir das 12 do mediodía no campo 3 da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias.

Trala entrega de trofeos, a celebración continuará no distrito dos Mallos cun terceiro tempo no Café Bar Mundo (Rúa Sofía Casanova, 20), que estará cheo de baile e música tradicional pola convocatoria dunha foliada aberta a partir das 17:00.

Un club pioneiro, por Pablo Vilariño

otografía do partido disputado o 12 de outubro de 2025 entre Fillos de Breogán y Keltoi Vigo
Fotografía do partido disputado o 12 de outubro de 2025 entre Fillos de Breogán y Keltoi Vigo
Hai xa 15 anos, aló polo 2010, un grupo de persoas animadas por Wenceslao García Zapata “Wences” puxéronse as botas e as luvas e comezaron a dar os seus primeiros pasos neste deporte que vén da illa de Irlanda pero que os galegos e galegas axiña sentimos como propio.
Aos poucos meses o clube xa estaba constituído como tal e comezaron as participacións nos torneos ibéricos, duros tempos de longos desprazamentos que mudaron coa creación da liga galega, na que os coruñeses foron padriños dos primeiros clubes que foron xurdindo noutras localidades galegas. Foi entón tamén cando se produciu o nacemento da sección feminina do club, que tantos éxitos deportivos deu ao clube.
fotografía do partido disputado o 12 de outubro de 2025 entre os equipos femininos do club, Fillas de Breogán e Ártabras, que regresou á competición logo de oito anos.
fotografía do partido disputado o 12 de outubro de 2025 entre os equipos femininos do club, Fillas de Breogán e Ártabras, que regresou á competición logo de oito anos.

ÚLTIMAS

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

Ir de pé en conexións interurbanas, quedar en terra, esperar e esperar retrasos ou...

“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”. Cal é a túa Palabra do Ano 2025?

Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here