InicioBARRIOSO BNG pon o foco na vixilancia para que se cumpra a...

O BNG pon o foco na vixilancia para que se cumpra a próxima ordenanza das terrazas

Publicada o

Por editor

A concelleira do BNG Avia Veira ofreceu este martes unha conferencia de prensa para debullar as achegas do Bloque no proceso de elaboración da Ordenanza das Terrazas.

Veira detallou as seguintes como as “achegas clave” do BNG: garantir a accesibilidade universal como principio fundamental da ordenanza, asegurar a proporcionalidade no uso do espazo público e a seguridade (acceso de servizos de emerxencia en rúas peonís), ben como tamén a transparencia (que se saiba cal é a terraza autorizada) e a moderación dos horarios extraordinarios (con especial destaque para as zonas acusticamente saturadas). “Os criterios teñen que ser claros e obxectivos. Non pode haber un exceso de excepcións”, destacou.

Veira lembrou que a ordenanza actual “era demasiado flexíbel e contemplaba un réxime de excepcións laxo en extremo. Tampouco se vixiaba como é debido”, alerta. Iso explica que a demanda social dunha nova normativa fose claramente en aumento. “A xente quería que se puxese orde e racionalidade no uso do espazo público e por iso defendemos no seu día que se incorporase este asunto ao Acordo de Investidura”, referiu Veira.

A concelleira nacionalista explicitou o “respecto absoluto” que ao BNG lle merece a hostalaría e o seu dereito a desenvolver a súa actividade económica, mais tamén puxo en destaque “a obriga dos gobernos e das institucións” a, desde a regulación, preservar o dereito da veciñanza ao desfrute do espazo público, tamén ao descanso, dixo en referencia aos horarios.

O Concello presenta aos hostaleiros a proposta de nova ordenanza municipal de terrazas incluíndo o redeseño das de María Pita

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here