InicioA CORUÑAContorna dixital, ciberseguridade e acoso escolar, os temas máis demandados no marco...

Contorna dixital, ciberseguridade e acoso escolar, os temas máis demandados no marco do Plan Director na Coruña

Publicada o

Por europapress

Os temas máis demandandados polos centros educativos da provincia da Coruña, no marco do Plan Director do Goberno central , foron os relacionados coa presenza dos menores na contorna dixital; ciberseguridade e TIC; acoso e ciberacoso; adiccións e violencia de xénero. sí o destacou a Subdelegación do Goberno na Coruña nunha nota de prensa este martes, día no que se realizou a exhibición de medios da Garda Civil no CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha, onde se congregaron máis de 2.000 escolares. Dita actividade, esta incluída no Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas.

No marco deste plan, a provincia acolleu en 2024 o 40% das actividades realizadas en toda Galicia, con 2.016 accións formativas e informativas das 5.027 organizadas en Galicia. En total, 35.744 persoas da comunidade educativa coruñesa participaron nestas propostas, que chegaron a 331 centros educativos.

Durante a xornada, o sudelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, recalcou que é fundamental achegar ao alumnado o traballo e os medios da Garda Civil, porque desta forma “coñecen de primeira man o seu labor, aprenden sobre seguridade cidadá e adquiren valores de convivencia e responsabilidade que lles serán útiles ao longo da súa vida”. sí, ao longo da mañá realizáronse demostracións prácticas, como a detección de explosivos e exercicios de rescate. Ademais, animouse ás persoas asistentes a colaborar cunha doazón de alimentos destinada a Cáritas A Laracha.

ÚLTIMAS

Así voan os pisos en todos os barrios Coruña

Segue a ser a vivenda o tema máis acaído en todas as conversas da...

Reiteran a petición de eliminar 446 placas franquistas de 135 rúas da Coruña

Trae de novo á palestra o activista pola memoria democrática Manuel Monge, a necesidade...

O Día da Ciencia na rúa trasládase este sábado aos Xardíns de Méndez Núñez

Este sábado 9 de maio, entre as 11.00 e as 19.00 horas, volven á...

2.100 escolares participan este mércores na 26ª edición do Correlingua

A edición 2026 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos...