InicioBARRIOSUnha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Publicada o

Por Redacción

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña, coordina asociacións de todo o país para facer unha lectura colectiva da peza Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, escrita por Castelao.

Na cidade da Coruña será este venres, 31 de outubro, ás 19:30 h no auditorio do Centro Ágora, como parte do programa Agra no Ágora. Participamos as asociacións da contorna: AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, AC Roxín Roxal e a Agra.

A actividade consistirá na lectura desta obra de Castelao como xeito de reivindicala no contexto actual pois esta pequena peza dramática representa unha pequena Galiza e amósanos a sociedade na que vivía Castelao (que ben pode ser na que vivimos nós) mirada por un esqueleto.

Fundacion Galiza Cultura lendo OLlo de Vidro de Castelao
A Fundación Galiza Cultura lendo o Ollo de Vidro de Castelao

Eis un anaquiño do texto:

“Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O nome só abondoume: fora un canalla que roubaba pra dar regalía ô seu bandullo de porco; dono da xusticia, roubaba dend’a súa confortábel casa. Pra que decir máis? Era… era un cacique!
(…) e fun pensando pra os meus adentros:
“Vampiros hainos; pois logo, polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados”.

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” este festival é de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa); o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Logo da lectura haberá un magosto como convivio e celebración colectiva na pista de chave que nos cede a asociación Os Mariñeiros (rúa Cangas de Morrazo 18).

O xoves, encontro con María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg na Agra

Antes, xa este xoves, 30 de outubro, ás 20:00 h da tarde, o club de lectura da Asociación Gosto de vivir a poesía, convídanos ao recital dedicado á María do Carme Kruckenberg.

Beatriz Maceda, en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, fará unha breve introdución á obra desta autora, e faremos a lectura pública da escolma que traballamos ao longo do mes.

A entrada é libre e gratuíta ata encher a capacidade do local veciñal.

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here