Entre sombreros, medallóns, togas e pergaminos, Manuel Rivas recibíu esta mañá no Salón de Plenos de María Pita, a distinción como Cabaleiro de Honra da mans da Real Orde de María Pita.
A entidade quere recoñecer o “traballo e papel de Manuel Rivas no mundo das letras e da literatura, no que ten un excelente Obra con numerosos títulos en galego. Nelas destaca o uso da lingua, o a autenticidade das súas historias e o compromiso sociopolítico amosado”.
O recentemente distinguido polo Ministerio de Cultura do Goberno de España coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, agradeceu a cita e lembrou que se trata dunha asociación que contribúe a crear comunidade “algo importante nos momentos de caos”, dixo o autor. Rivas lembrou “a importancia da identidade coruñesa entrelazada co mar e coa liberdade”, mentres fixo un paseo pola súa historia na cidade sempre dende o barrio de Monte Alto e a torre de Hércules. “A película da vida está feita a partir destas estampas. A Coruña é o meu punto de partida. Foi o xerme do meu xornalismo, do meu literatura, xurdida do instituto Monelos, a primeira escola mixta da cidade, e as horas de meritorio en “El Ideal Gallego”, grazas ao cal me iniciei no xornalismo, que me abriu as portas foron o comezo de moitos camiños”.
Rematou pedindo unha “Coruña é cada vez máis o lugar da comunidade, o lugar do mar, da igualdade, o lugar onde exercer o dereito a soñar e a amar”.
Rivas une o seu nome a outros como Fernando Romay, recoñecido o ano pasado, ademais doutros persoeiros como os empresarios Roberto Tojeiro e José María Rivera, os políticos Gerardo Fernández Albor ou Fernando González Laxe, científicos como Ángel Carracedo e Isaac Díaz Pardo ou mecenas como Margarita Puente ou Rosalía Mera.