InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO metrosidero de 200 anos do cuartel da Policía Local, ao concurso...

O metrosidero de 200 anos do cuartel da Policía Local, ao concurso estatal da Árbore do Ano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

No interior do cuartel da Policía Local de Orillamar gardan un fermoso tesouro. Ademais das centos de pertenzas atopadas que esperan aos seus donos no almacén de obxectos perdidos, o cuartel da Rúa Tui ten unha das árbores máis impresionantes da cidade: un metrosidero excelsa Gaertn de máis de 200 anos de vida.

Trátase, de feito, do exemplar máis antigo da cidade, que destaca polo seu valor natural, tendo en conta ademais que parece que a súa orixe é neozelandesa.

Pois esta xoia natural formará parte do certame “Árbore e Bosque do Ano en España 2026”, unha iniciativa, promovida pola ONG Bosques Sin Fronteras, que recoñece árbores senlleiras non só pola súa beleza ou tamaño, senón polas historias e vínculos humanos que representan.

A votación para escoller os exemplares gañadores estará aberta do 17 de novembro ao 17
de decembro a través da web oficial do certame: www.arbolybosquedelaño.es. Para que o
voto sexa válido é preciso introducir un correo electrónico e confirmalo.
A candidatura coruñesa poderá acceder ao certame europeo Tree of the Year, se resulta escollida na fase estatal.

A historia do metrosidero

Metrosidero da Policia Local da Coruna 2
O metrosidero da Coruña impresiona polas súas dimensións: 20 metros de altura, un perímetro de 8 metros no tronco e unha copa de 30 metros de diámetro. Desde hai anos forma parte do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras (código 63A) e destaca tanto pola súa antigüidade como pola súa excepcional presenza no espazo urbano.
Ademais do seu valor natural, o exemplar conta cunha historia que lle engade atractivo e relevancia: diferentes estudos suxiren que esta árbore, de orixe neozelandesa, podería ter sido introducida en Galicia por mariñeiros españois no século XVI. Unha liña de investigación recollida no libro “Nova Zelandia, un puzle histórico”, do escritor e mariño Winston Cowie, propón que esta árbore podería ser unha peza clave para entender o papel da navegación española nas exploracións do Pacífico.

“Este metrosidero é moito máis ca unha árbore: é parte da memoria viva da cidade e un símbolo da conexión entre natureza, identidade e coñecemento. Presentar a súa candidatura é unha forma de poñer en valor o noso patrimonio e de proxectar A Coruña cara fóra cun relato único e cheo de significado. Animamos á veciñanza a participar na votación e a facer que esta árbore leve o nome da Coruña por toda España”, destacou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Máis novas

Nova política de “reverdecemento” da Coruña: 2.000 novas árbores en 2026 e case 160 antes de terminar este ano

ÚLTIMAS

2026 arrinca en clave de aniversario: 30 anos de CuacFM e 45 do Jazz Filloa

Realmente foi na xornada de despedida do pasado martes 30 de decembro, pero houbo...

O Concello da Coruña avanza nas obras do parque do Observatorio

O Concello da Coruña avanza coas tarefas de acondicionamento do parque do Observatorio, onde...

Buscan un home en Oleiros do que se notificou a súa ausencia o pasado martes

Efectivos aéreos e terrestres participan na procura dun home en Oleiros (A Coruña), segundo...

O transporte de viaxeiros da Coruña mantén a folga para xaneiro e faraa indefinida en febreiro

Traballadores do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da A Coruña decidiron manter...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here