InicioA CORUÑAO PP propón crear unha Comisión Especial sobre o Mundial 2030 ante...

O PP propón crear unha Comisión Especial sobre o Mundial 2030 ante a “desinformación” e o “desánimo”

Publicada o

Por Redacción

O portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, anunciou que presentará no pleno do 11 de decembro unha moción para a creación dunha Comisión informativa Especial de seguimento da candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030.
Unha comisión “na que se nos informe de como está o proceso ante a falta de transparencia de Inés Rey cando se cumpre un ano da elección”, pois foi xusto o 11 de decembro de 2024, a FIFA confirmou á Coruña como unha das sedes do Mundial 2030.

A realidade é que hai moi pouca información dende hai moitos meses, a pesar de que a oposición preguntou no pasado pleno de outubro, sen que houbese unha resposta satisfactoria por parte do voceiro do grupo de goberno.

“Non temos ningunha información sobre como van os trámites para cumprir cos requisitos. Polo que levaremos este asunto ao Pleno”, asegurou en rolda de prensa Miguel Lorenzo. O voceiro popular lembra que a Alcaldesa anunciou unha reforma do estadio para 48.000 espectadores, cun custo de 100 M€, financiado un 30% por un investidor privado e un 70% por administracións públicas, e con prazo de execución de obra de 3 anos que estaría lista primeiro dixeron en 2026 e logo 2028. “Non volvemos saber nada. Só dous días despois, o 13 de decembro de 2024, a Alcaldesa anunciou nun programa de radio que xa tiña o financiamento. Non se volveu a saber nada. Ou mentiu ou lle mentiron e enganáronlle outra vez”.

Máis tarde, anunciaron un aforo de 40.000, reducindo o custo e con menos prazo. Anunciaron que o proxecto estaría licitado en xuño de 2025 e que as obras deberían empezar a mediados de 2026 e finalizar a mediados do 2029. “Tampouco sabemos nada, só que o proxecto non está licitado cando estamos a acabar o ano. No Pleno de outubro presentamos unha pregunta oral sobre cando van licitar o proxecto, tras incluír no orzamento deste ano 3,5 M€. Non responderon. E a licitación e redacción do proxecto é imprescindible para a licitación da obra”.

“Hai moitas preguntas sen resposta porque a falta de transparencia é total: Cal é o proxecto? Cando se licitará? A canto ascenderá o importe da reforma? Como será o financiamento? Cal será o investidor privado? Canto diñeiro achegará e a cambio de que? Que administracións participarán ademais da Xunta, a única que confirmou o seu compromiso? Que cantidade achegará cada unha? Cando se licitará a obra? Cando está previsto que estea finalizada?”, pregúntase o voceiro popular, que vai presentar unha moción para a creación dunha Comisión Especial de seguimento da candidatura.
“O meu apoio é incondicional á candidatura, pero o Goberno municipal xa demostrou con fartura a súa falta de capacidade para sacar adiante un proxecto de tal envergadura, sobre todo cando teñen un prazo taxado e agora hai data na que nos van a examinar de modo definitivo: setembro de 2026. Na cidade hai moitas dúbidas e moito desánimo”.

Máis novas

Lage Tuñas aproveitou as preguntas de PP e BNG sobre o Mundial 2030 para acusalos de “non remar na mesma dirección”

ÚLTIMAS

Califican de “gran éxito” a primeira folga en Glovo en Galicia

A Federación de Servizos á Cidadanía (FSC) de CC.OO. cualificou de "gran éxito" a...

Un Foro aberto para profesionais sobre estratexias educativas innovadoras na prevención das violencias machistas desde a adolescencia

No marco do programa “Ondas de Cambio”, o espazo de intervención cultural da UDC...

As traballadoras do comercio volven manifestarse rotundamente contra o convenio da patronal ARTE

Tralas mobilizacións da semana pasada a modo de Byd Bunny as traballadoras do comercio...

CSIF denuncia “falta de planificación” na nova cabeceira de autobuses interurbanos da Coruña

Os delegados de CSIF no comité de empresa de Compostelá S.A. (Grupo Alsa) denunciaron...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here