InicioBARRIOSA reforma do Mercado de Monte Alto comezará despois do Entroido

A reforma do Mercado de Monte Alto comezará despois do Entroido

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Van moitos anos co proxecto de reforma do Mercado de Monte Alto enriba da mesa. Varios concursos errados, varias desercións, e moita incerteza entre os praceiros, asuntos que parecen ter solución inmediata.

Mentres avanzan as obras da instalación dunha espectacular carpa na Praza Indalecio Prieto que albergarán os postos do mercado (onde estaban as poucas canastas que ten o barrio, ao carón dos edificios de Urbanismo), o Concello está falando cos praceiros para facer o traslado despois do Entroido, co gallo de non interfeir na intensa actividade que nesas datas hai no barrio.

Será unha obra con 26 meses de prazo de execución, e cun orzamento cercano aos 10 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O Festigual inaugurou unha mostra que repasa os seus 10 anos e recolle 5 proxectos creativos de artistas e entidades

Despois da emotiva inauguración no Teatro Rosalía, a 10ª edición do Festigual segue creando...

A Rede Fala xa permite crear 600 webs .gal en galego e de balde

Fala (fala.gal), a plataforma gratuíta para crear webs e blogs en galego, segue medrando...

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denuncia “continuos atrasos” nas obras de ampliación do Chuac

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e Cee denunciou "continuos atrasos"...

Dores Tembras guía un novo roteiro da AELG entre os semáforos da Coruña

Novo Roteiro literario da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega na cidade....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here