InicioA CORUÑANova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo "maioritario" que...

Nova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo “maioritario” que deixa por centos de viaxeiros en terra

Publicada o

Por europapress

Unha nova xornada de folga afecta este venres ao transporte de viaxeiros interurbano por estrada na provincia da Coruña, o que deixou por centos de viaxeiros en terra  cun seguimento “maioritario”.

En declaracións a EP, o representante da CIG na mesa de negociación, Ernesto López Rey, explica que as estacións de bus das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol están “paradas” esta mañá, pero “non hai incidencias”.

Así mesmo, lamenta que segue sen haber avances coa patronal sobre o convenio colectivo, pois “non hai negociacións”. Sinala que o pasado xoves recibiron ás 11,00 horas unha petición de mediación no Consello Galego de Relacións Laborais, pero veo “irresponsable” por non haber convocatoria con máis antelación e cre que só buscaba desactivar esta protesta. Non hai previsión de futuros encontros.

Apunta que os viaxeiros que quedan sen poder viaxar este venres teñen que saber que “os responsables” están na patronal de transportes que “non queren” avances no convenio. “Non podemos estar 4 anos sen convenio e pretender que non pasa nada”, afirma. Os representantes dos traballadores demandan subidas salariais e melloras de horarios e conciliación.

2025-12-12_ConcentracionfolgabusACorunha_00
Imaxe da concentración de hoxe

Tal e como se avanzou por parte de sindicatos o primeiro día de protesta hai unha semana, prevén un “endurecemento” das mobilizacións a partir de xaneiro cunha folga indefinida. As protestas continuarán outros dous días este mes, o 15 e 19 de decembro.

Á primeira hora da mañá os piquetes impediron a saída dos autobuses urbanos na cidade de Santiago, aínda que posteriormente comezaron a funcionar as liñas do hospital (1, C2 e C4).

Mentres, desde primeira hora da mañá podíase ver a viaxeiros nas plataformas das estacións da provincia á espera de saber se poderían viaxar este venres.

Máis novas

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

 

O transporte de viaxeiros na Coruña ameaza con folga indefinida se non melloran as súas condicións

ÚLTIMAS

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á...

Pontón tras a renuncia de Jorquera a repetir na Coruña: “O BNG ten un gran banco”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este xoves que a formación conta...

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...