InicioA CORUÑAA 4ª edición de “A Coruña Global” volta á DOMUS da man...

A 4ª edición de “A Coruña Global” volta á DOMUS da man de Touriñán e Yolanda Castaño

Publicada o

Por Redacción

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organiza este xoves 18 de decembro, ás 20:30h, no cinema da Domus, unha xornada mundia.

A presentación da cuarta edición de “A Coruña Global”, un evento concebido como un espazo mixto entre o espectáculo e a reflexión colectiva, cunha participación plural de persoas representativas da cidade, co obxectivo de comprender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do século XXI.

Deste xeito, a actividade contará, entre outras persoas, coa participación presencial e virtual de especialistas en ámbitos como a diáspora galega (Arturo Lezcano), as cidades globais (Miguel Otero, Real Instituto Elcano), a solidariedade (Diego González Rivas), ou o deporte e a industria (Sofía Toro). Haberá grandes sorpresas.

Así mesmo, forman parte do camiño aberto pola Declaración institucional “A Coruña global no mundo do S. XXI” (2019), orientada a reforzar a imaxe internacional e a acción exterior da cidade.

Todas as persoas asistentes poderán recoller o seu Mapa da Coruña Global en galego, inglés, chinés, portugués ou castelán.

As inscrición son gratuítas e pódense realizar desde esta ligazón.

A Gala poderá seguirse tamén en streaming a través da canle de YouTube do IGADI.

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here