InicioMOV. SOCIAISA Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra...

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Publicada o

Por Redacción

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos sabendo algo máis sobre o proxecto que hai detrás.

Este vindeiro 18 de decembro, co gallo do Día Internacional das Persoas Migrantes, o MUNCYT estrea ás 19:00h a exposición principal do proxecto ”A Coruña entre memorias, unha iniciativa creada por Zinthia Álvarez e Cristina Botana, e apoiada pola Deputación da Coruña, para rescatar unha parte esquecida da nosa historia: o tráfico de persoas escravizadas desde o porto coruñés.

A mostra será visitable durante 2 meses, e nela poderemos reflexionar reflexionar sobre o pasado colonial e o impacto que deixou na cidade e no mundo, e así comprender mellor as relacións entre progreso, desigualdade e violencia que marcaron os séculos XVIII e XIX.

“Porque lembrar tamén é xustiza”, lembran as organizadoras, nunha clara mensaxe en contra das mensaxes racistas que podemos escoitar na sociedade actual.

A Coruña entre memorias-Porto Negreiro

Máis novas

Que será a campaña #ACoruñaPortoNegreiro?

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here