InicioMOV. SOCIAISPotente manifestación das traballadoras do Eroski

Potente manifestación das traballadoras do Eroski

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Desenvolveuse esta mañá de sábado 20 de decembro a primeira xornada de folga na historia de Vegalsa-Eroski. Unha folga que está a rexistrar un importantísimo seguimento, con centros de traballo funcionando a mínimos e tirando de persoal temporal, e cun reforzo inaudito no servizo de seguridade privada.
Aínda que a incidencia é desigual, e que dende CCOO lembran que a CIG non ten maioría no Comité, a CIG valora moi positivamente a resposta dada polas traballadoras e traballadores tanto á convocatoria de folga como ás mobilizacións realizadas.

A folga afecta aos centros Vegalsa-Eroski da provincia da Coruña (agás Eroski City que son franquías) e ao hipermercado que a empresa ten en Ribadeo. Para darlle máis visibilidade á súa loita, as traballadoras e traballadores mobilizáronse este mediodía ao berro de “traballo por tres e non chego a fin de semana”, “Vegalsa paga mal e non deixa de explotar” ou “máis contratacións e mellores condicións”.

2025-12-20_FolgaVegalsa-Eroski_ACorunha_0020

Na Coruña, centos de persoas saíron en manifestación dende o Eroski de Vioño. Alejandra Formoso, delegada da CIG, denunciou que o convenio de Vegalsa-Eroski ten os salarios máis baixos do sector (unha persoa de recente contratación percibe 1000 euros menos ao ano que unha de Gadis ou Froiz) e ademais teñen as xornadas máis longas ao non computárselle como tempo efectivo de traballo os 15 minutos de descanso. A isto súmanse peores condicións sociais e o esgotamento físico e mental das traballadoras e traballadores pola sobrecarga laboral continuada que teñen de soportar.

Por iso, as delegadas e delegados da CIG xa adiantaron que esta é a primeira xornada de folga que se convoca na historia de Vegalsa-Eroski pero non será a última, tendo en conta a negativa da empresa a escoitar as demandas do persoal para mellorar salarios, condicións laborais e reforzar a contratación.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

ÚLTIMAS

Agosto en familia cos espectáculos de Cascarillarte polos barrios

Ademais ás Festas de María Pita, ao Autobán, e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

O Autobán completa a oferta cultural da cidade

En paralelo ás Festas de María Pita e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here