InicioA CORUÑAPSOE e BNG chegan a un principio de acordo para sacar adiante...

PSOE e BNG chegan a un principio de acordo para sacar adiante os Orzamentos 2026

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O grupo de goberno (PSOE) e o BNG presentaron esta mañá o seu principio de acordo para sacar adiante, no vindeiro pleno, os Orzamentos Municipais de 2026. Rey agradeceulle ao BNG e ao seu portavoz a “capacidade de poñer a cidade por riba de calquera outro interese” á hora de acordar as contas, mentres que dende o BNG aseguraban onte que valoran moi positivamente a recuperación dos orzamentos participativos -suprimidos en 2025- e as competencias de control plenario sobre as contas, as chamadas bases de execución.
O grupo asegurou que a conxelación de taxas para o 2026 tamén foi clave para brindar o seu apoio.

Un orzamento total que ascende a 375 millóns de euros, que chegan aos 406 millóns sumándolle o dos organismos dependentes. As contas descríbense en catro eixes:

  • economía e mellora dos servizos públicos;
  • novos equipamentos e planificación estratéxica da cidade;
  • políticas de benestar, vivenda e protección social;
  • mobilidade sostible, espazos verdes e accesibilidade, e a aposta polos barrios como factor de cohesión social.

Dentro da planificación estratéxica da cidade, a alcaldesa citou investimentos como os máis de 4 millóns destinados a Cidade das TIC, para a que tamén se fará un plan director, o impulso ao Plan Estratéxico A Coruña 2030-2050 ou a continuidade do programa Coruña Marítima.

Os investimentos globais previstos na cidade no 2026 suman máis de 58 millóns de euros e inclúen intervencións como a rehabilitación do edificio A Terraza de Méndez Núñez, as novas oficinas municipais de Atención Cidadá, a redacción do proxecto de renovación do Fórum Metropolitano, as novas dependencias municipais na Fábrica de Tabacos, o remate da estación intermodal, a nova biblioteca e aula dixital de Palavea, a nova biblioteca e aula dixital de Novo Mesoiro, o espazo multiusos da Bágoa de San Roque, a segunda fase do parque do Observatorio e o novo equipamento de Santa Lucía, entre outros.

O carácter social dos orzamentos supón unha parte troncal das contas públicas, cun incremento de 2 millóns de euros no programa de axuda no fogar e incrementos tamén nas partidas destinadas a bolsas comedor e bonotaxi. Ademais, mediante o acordo alcanzado co BNG, recupéranse tamén os orzamentos participativos, dotados con 2,6 millóns de euros e con carácter bianual.
Ademais, as contas incorporan case 20 millóns de euros para o pago do bonobús, a cifra máis elevada orzada na Coruña para ese fin.

A alcaldesa destacou tamén o peso que as políticas de Vivenda teñen nas contas, que inclúen máis de 4 millóns de euros para o edificio municipal de vivenda en alugueiro social de Xuxán mais que tamén reflicten a dotación de 1,5 millóns de euros para que EMVSA poida xestionar 500 vivendas municipais en alugueiro, número que se seguirá incrementando nos vindeiros anos.

As contas prevén tamén 7 millóns de euros no Plan de instalacións deportivas municipais, tanto para a mellora das instalacións existentes como para novas pistas.

Tamén no ámbito cultural se recollen melloras co Plan de instalacións culturais, con atención especial ao Fórum e ao Teatro Rosalía, e con novos investimentos previstos, como as bibliotecas de Palavea e Novo Mesoiro.

En canto ás políticas medioambientais, Rey anunciou a aprobación dunha partida para un Plan de arboredo para actuar en todo o municipio mais tamén reiterou o compromiso da licitación de Nostián nos vindeiros días. As contas inclúen melloras nas áreas caninas e tamén na cala de Bens.

Partidas Orzamentos Municipais Coruna 2026

Plan de barios

As contas do 2026 danlle continuidade ao Plan de barrios 2025-2027, cun investimento total que supera os 58 millóns para todos os barrios da cidade. Os investimentos inclúen os compromisos municipais para o remate das obras da intermodal, cun millón de euros, e tamén a partida para o abono dos accesos ao novo CHUAC, con máis de 4,2 millóns.

Máis novas

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

ÚLTIMAS

A ciencia toma o Teatro Colón: a Coruña prepárase para tres días de divulgación e espectáculo

A cidade da Coruña volverá acoller o evento Coruña Comunica Ciencia, unha cita que...

Bad Bunny sorprende ao persoal de Zara en Arteixo cun agasallo tras vestir da marca galega na Super Bowl

Que Bud Bunny vestise unha camiseta de Zara foi algo moi pensado. Que unha...

Os médicos da Atención Primaria renovan a folga da sanidade pública ante a falta de diálogo da Xunta

Levan un mes esperando despois da nova convocatoria de folga. Pero a falta de...

As ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

Son numerosas as diferentes comunidades escolares que levan todo o curso mobilizándose pola falta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here