InicioDEPORTESO persoal das Escolas Deportivas Municipais continúan coas súas mobilizacións a pesar...

O persoal das Escolas Deportivas Municipais continúan coas súas mobilizacións a pesar do rescate

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciaba este luns o Concello da Coruña o rescate das Escolas Deportivas Municipais. Así e todo, o novo prego non asegura a mellora salarial dun plantel que leva meses de mobilizacións ante a súa precaria situación e importantes impagos.

Por iso, como veñen de trasladarlle aos usuarios das EDM, “as xornadas de folga van continuar”. “É certo que xa contamos cunha empresa nova (que estará ata xuño como máximo) e que por fin se nos aboou o que quedaba pendente do mes de novembro. Con todo, a situación aínda non está solucionada: seguen pendentes atrasos, horas extras, a nómina de decembro e as pagas correspondentes, algo que xa era moi necesario e que amolou o Nadal a tod@s l@s traballadores (profesores, coordinadores, administrativos e técnicos)”, explican nunha mensaxe a cada un dos usuarios dos cursos deportivos.

Os traballadores lembran ademais que “esta situación produciuse porque o Concello non sacou o prego a tempo, o que provocou unha xestión deficiente que desembocou no problemática actual”. De aí, e da falta de compromiso nas reunións mantidas, o persoal non dubida en falar da “desconfianza” que se lle xenera o grupo de goberno. “Consideramos que chegamos a este punto pola súa mala xestión, falta de interese e de empatía cos traballadores” .

Por iso, e deixando claro que “a decisión non é doada”, “ese compromiso seguimos loitando por unhas condicións laborais dignas que nos permitan ofrecer o servizo que merecedes” obríganos a continuar coas mobilizacións, “para nós que se nos vexa e escoite”.

Así, este xoves 8 de xaneiro, realizarán unha nova concentración ás 12:00h en María Pita, invitando aos usuarios a levar obxectos para facer ruído, e posteriormente facendo unha asemblea explicativa da situación e escoitarán as dúbidas dos usuarios.

Non quedarán aí, e o venres 9 ás 12:00h concentraranse de novo ás portas do Palacio Deportes Riazor.

Para a vindeira semana preparan xa unha manifestación que o luns 12 percorrerá as rúas dende Riazor ata María Pita a partir das 11:00h. E o martes 13, unha nova concentración ás 12:00h, no Palacio Deportes Riazor.

Máis novas

O Concello rescata as Escolas Deportivas Municipais

O persoal da Escolas Deportivas denuncia a falta de atención do goberno e o impago das nóminas da concesionaria

Unha clase de zumba en María Pita para deixar claras as demandas do persoal das Escolas Deportivas Municipais

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

ÚLTIMAS

Xunta e Concello da Coruña pechan os itinerarios dos autobuses para a futura estación intermodal

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña avanzan na reorganización dos servizos...

Inés Rey reclama á Xunta un plan integral para rehabilitar os colexios públicos da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou este martes á Xunta de Galicia a...

Transportes cortará o acceso á AC-11 desde a rúa Lamelas polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará este mércores unha nova fase das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here