InicioA CORUÑAA Coruña presume de "conter" o aluguer na cidade tras aplicar a...

A Coruña presume de “conter” o aluguer na cidade tras aplicar a zona tensionada

Publicada o

Por europapress

O goberno local da Coruña incidiu na consolidación da “contención” do aluguer desde a entrada en vigor da zona tensionada. “A cidade rexistra unha nova baixada do prezo medio e lidera en Galicia a firma de contratos, segundo datos oficiais do Observatorio de Vivenda de Galicia”, remarca.

Ademais, sostén que o prezo medio de xaneiro a xullo “foi de 735,86 euros mentres que de agosto a decembro, tras a declaración de zona tensionada, a media descende ata os 712,80 euros”. “Esta evolución contrasta coa doutras cidades galegas como Vigo e Pontevedra, onde os prezos de aluguer continúan á alza”, engade. Neste sentido, a rexedora, Inés Rey, sinalou que A Coruña “segue sendo a cidade co prezo máis elevado, pero aos poucos seguimos avanzando non só na súa contención senón na baixada”.

Por outra banda, o goberno local deu outro paso no seu plan de regularización das vivendas de uso turístico na cidade, “reforzando o persoal do servizo municipal de Urbanismo para a posta en marcha dun programa temporal, a tres anos vista, que axudará a axilizar a tramitación dos expedientes relativos a este tipo de vivendas”.

POSTURA DO PP

En contraposición, e sobre o mercado tensionado, desde o PP, o seu portavoz municipal, Miguel Lorenzo, asegura que os datos de 2025 “confirman que a zona tensionada é un fracaso: cos gobernos socialistas dispárase o prezo da vivenda porque hai menos oferta e máis demanda”. A solución non pasa polo intervencionismo: na Coruña en só cinco meses de zona tensionada, pasouse de 713 contratos en xullo a 210 en decembro, polo que desapareceu o 70,5% da oferta, e no último ano, con respecto a decembro 2024, hai un descenso no número de contratos do -5,1%, e un incremento do +7,2 % no prezo do aluguer”, engade.

VIVENDAS TURISTICAS

Xa en relación ás medidas vinculadas ás vivendas turísticas, a Asociación Galega que agrupa ao sector, Aviturga, expresa a súa preocupación ante o anuncio de reforzar o departamento de Urbanismo cunha partida de 700.000 euros “destinada a intensificar o control e peche de vivendas de uso turístico”, sostén no seu caso.

“Esta decisión supón un novo paso nunha estratexia de restrición e persecución que non resolverá os problemas de vivenda da cidade e que xa demostrou efectos contraproducentes noutros municipioss aplicar a zona tensionada do Estado“, argumenta. “As vivendas que agora se pretende dar de baixa levan operando legalmente na Coruña desde 2017, ata 2024 o Concello non esixiu declaración de inicio de actividade”, sinala, entre outros argumentos, e en relación a unha ordenanza que teñen recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...

O peirao público de Calvo Sotelo bota o peche para os festivais privados do verán

O peirao de Calvo Sotelo está aberto aos coruñeses desde o mes de novembro...

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite...

Investigadores da UDC avanzan nun novo sistema para levar material xenético ao interior das células

Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña desenvolveu...