InicioA CORUÑAA Xunta reclama á Coruña máis solo para vivenda pública ante o...

A Xunta reclama á Coruña máis solo para vivenda pública ante o bloqueo dunha parcela en Xuxán

Publicada o

Por europapress

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiu unha carta á alcaldesa herculina, Inés Rei, na que solicita chan para a construción de vivendas. Na misiva, á que tivo acceso Europa Press, lembra que o Concello herculino acordou o pasado 6 de febreiro a cesión á Administración autonómica de catro parcelas nos Rosales, Rei Abdullah e Pedro Fernández para a construción de 99 novas vivendas públicas. Cuestión que se referendou o 19 de xuño dese mesmo ano coa firma do convenio de cesión e a licitación por parte da Xunta do proxecto para a construción das vivendas, engade.

Apunta tamén nela á “colaboración institucional” trasladada polo goberno local e apostila que en maio do ano pasado a Consellería “púxose en contacto” coa rexedora para a cesión dunha parcela en Xuxán, petición á que non deron trámite porque esa cesión non se executou.

Apelando ao obxectivo de seguir mellorando o acceso á vivenda na cidade herculina, lembra a solicitude anterior e pide a cesión da parcela que quedou deserta no concurso que propuxeron no mes de febreiro. Necesitamos máis parcelas para programar novas promocións, insiste na carta na que recalca a “vontade de colaboración” da Administración autonómica para ampliar o parque residencial na Coruña.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...