InicioECONOMÍAOs médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un...

Os médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un estatuto propio

Publicada o

Por Redacción

Despois das fortes mobilizacións das pasadas semanas, e ante a falta de avances, o O’Mega, o sindicato médico maioritario en Galicia, decidiu convocar unha folga nacional indefinida que os médicos e facultativos comezarán o 16 de febreiro dentro das mobilizacións contra o borrador de Estatuto Marco que elaborou o Ministerio de Sanidade e en demanda dun estatuto propio.

Tras ampliar os membros do comité de folga para aglutinar a todos os sindicatos profesionais máis representativos do territorio nacional e unificar as accións que se emprendan co obxectivo de lograr un estatuto propio do médico e o facultativo. Así, a convocatoria xorde xunto coa Confederación Española de Sindicato Médicos (CESM) , o Sindicato Médico Andaluz (SMA) , Metges de Catalunya (MC) , a Asociación de Médicos e Titulados Superiores de Madrid (AMYTS) e o Sindicato Médico de Euskadi (SME).

O formato acordado para estes paros é o dunha semana de folga ao mes que comezará en febreiro e se alongará, en principio, ata o mes de xuño como primeira etapa.
Deste xeito, os paros están convocados para as semanas do 16 ao 20 de febreiro, do 16 ao 20 de marzo, do 27 ao 30 de abril, do 18 ao 22 de maio e do 15 ao 19 de xuño.

Ademais, como pistoletazo de saída ás mobilizacións levarase a cabo unha manifestación unitaria o sábado 14 de febreiro na que médicos e facultativos de todas as comunidades autónomas mostrarán de novo en Madrid o motivo polo que o colectivo se posicionou de forma unánime no seu rexeitamento á norma ministerial, reclamando unha regulación apropiada para as súas especiais condicións de formación, responsabilidade e desempeño laboral.

Os sindicatos que conforman o comité de folga quixeron insistir unha vez máis en que manteñen a súa man tendida ao diálogo, coa esperanza de que o Ministerio de Sanidade reconsidere retomar as conversacións que permitan avanzar na procura de acordos para mellorar as condicións laborais dos profesionais. Con todo, lembran que as reivindicacións do colectivo afectan tanto ao Ministerio que dirixe Mónica García como a outros departamentos, aos grupos parlamentarios e ás distintas consellerías de saúde autonómicas, polo que reclaman que cada actor se faga cargo da súa competencia para atender as demandas de médicos e facultativos que permitan manter un Sistema Nacional de Saúde sostible, eficiente e de calidade tanto para profesionais como para pacientes.

Máis novas do conflito

A folga dos sanitarios afronta a segunda xornada un 70% de seguemento segundo O`Mega

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O’Mega chama á folga a máis de de 10.000 sanitarios en Galicia

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here