InicioA CORUÑAOs docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora. O rescate a medias anunciado polo Concello segue sen executarse e os afectados seguen sufrindo faltas de pagamento da empresa Serviplustotal, responsable da execución do mencionado programa.

Os 60 docentes afectados, cada un cunha casuística diversa, concordan nun obxectivo prioritario e común: que arrinque o Programa de Lecer en tempo e forma para dar amparo aos máis de 3000 usuarios que teñen entre o Fórum
Metropolitano e o Ágora.

Entre eles hai uns 40 que están como traballadoras e traballadores de empresa que non cobraron a nómina de decembro nin a de xaneiro (no caso dos docentes de campamentos ou as coordinadoras). Ademais hai máis de 15 autónomos que non cobraron ningunha das facturas da impartición das aulas do ano 2025 chegando a débedas que poden chegar ata 4,000€ por docente. E finalmente hai xubilados que aportan o seu coñecemento e experiencia e tampouco recibiron o seu correspondente ingreso…

Ante esta situación e vendo que o Concello non dá pasos na resolución do conflito dende o 22 de decembro, momento en que aconteceu unha acalorada reunión entre usuarios do programa e Concello, nin na reunión do día 15 de xaneiro, onde o Concello se presentou sen ningún avance pois seguían esperando informes ou fixeran algunha chamada pero foron incapaces de dar un só prazo ou dato, os docentes realizaban unha xuntanza esta pasada tarde de mércores para decidir as primeiras “accións de presión”, ás que invitan a participar a todo o alumnado.

Así, o vindeiro luns, 02 de febreiro ás 17.00 en María Pita, realizarán unha “Aula aberta” por ser o arranque de curso, na que darán lectura aos motivos da convocatoria e darán unha charla aberta.
O xoves 12, ás 09.30 convocan unha cacerolada no Concello coincidindo co pleno.

Tamén se acordou nesta reunión tomar medidas para facer o achegamento das demandas dos docentes do Programa de Lecer para o novo “prego”, e cada docente vai escribir un correo coas condicións que considera deben estar incluidas.

Máis novas

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here