InicioCULTURADocentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta”...

Docentes e usuarios defenden o Programa de Lecer nunha reivindicativa ”aula aberta” en María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este mércores están convocados polo IMCE a unha reunión informativa, pero a realidade é que xa van 15 días de silencio dende que o Concello anunciaba o rescate a medias do Programa de Lecer polos continuos impagos de Serviplús. Pero os docentes das aulas culturais do Fórum e do Ágora non se fían e convocaron as primeiras accións de reivindicación.

Arroupadas con preto de medio millar de usuarios e usuarias do programa que secundaron ao profesorado arroupados polos seus paraugas, os docentes realizaron a “aula aberta” de protesta pero tamén de benvida (xa deberían estar funcionando os cursos) dende o balcón de Paidea.

Concentracion Maria Pita Programa de Lecer

Con pancartas de “Solución Xa” para o programa de Lecer, Carmela Galego,  unha das representantes dos docentes, leu un manifesto coas súas principais preocupación. Aproveitaron para facer unha clase de historia da visita de Lorca a María Pita da man de Antonio Couto, e Sara Fraga acabou cantando a coro cos comprometidos usuarios.

Programa Lecer Mural

Creación dun mural

Reunión co PP

Dúas representantes dos docentes tamén mantiveron esta mañá. unha reunión co voceiro do PP Miguel Lorenzo, que escoitou as demandas dos traballadores (alucinou coas precarias condicións laborais, por certo), e se comprometeu a conseguir unha resposta firme do edil Gonzalo Castro.

Máis accións

Á espera das novas recibidas este mércores polo IMCE, os docentes pretende continuar coas mobilizacións este xoves 12, ás 09.30 cunha cacerolada ás portas do Concello coincidindo co pleno.

Máis novas

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

O IMCE convoca aos docentes do Programa de Lecer a unha reunión

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here