InicioA CORUÑASindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada na Coruña, convocados...

Sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada na Coruña, convocados a unha nova reunión o luns

Publicada o

Por europapress

Novo proceso de negociación ábrese despois que os traballadores rexeitasen o preacordo ao que chegaba a patronal con UXT e CCOO a semana pasada.

O Consello Galego de Relacións Laborais convocou aos sindicatos UXT, CCOO e CIG e á patronal do sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña a unha reunión o luns, ás 13.00 horas, para evitar unha folga indefinida no sector.

Así o confirma a CIG, cuxos representantes na mesa de negociación precisaron que para esta xornada había convocada outra reunió pero que, pola imposibilidade de asistir un representante de UXT non se celebrou.
“UXT non vai acudir, CCOO tampouco e patronal tampouco”, explicou a Europa Press o representante de CIG-Transportes, Ernesto Rey, que reprochou a actitude de UXT.

“É inaudito, coa desculpa de que un dos seus asesores non pode non hai negociación nunha cousa tan importante”, sinalou en relación a unha mesa de negociación “cunha vintena de persoas”, sosteñen desde o sindicato.

Neste contexto, e cunha reunión fixada para o luns, día 9, ás 13 horas, a CIG optou por celebrar asembleas esta noite nas estacións de autobuses para decidir “que día se renova a folga”, sinalou, pola súa banda, Nacho Pavon, desta central sindical.

Todo iso para que, se finalmente non hai un acordo o luns, os traballadores e traballadoras do sector saiban que día se renovaría a folga indefinida anunciada xa para o 2 de febreiro que logo se pospuxo e que quedou suspendida tras un preacordo asinado por UXT e CCOO coa patronal, non por CIG ao entender que os avances eran “mínimos” e que agora está sen efecto.

ASEMBLEAS

A CIG convoca asembleas abertas de persoal para a noite deste venres -ás 22 horas na estación da Coruña, ás 22 horas no local da CIG en Santiago de Compostela, e ás 23 horas na estación de Ferrol-, para decidir o calendario de reactivación da folga e para explicar a complexa situación á que a patronal e as centrais asinantes do preacordo teñen abocado o sector.

Máis novas

Os traballadores do transporte rexeitan o preacordo do convenio e poñen de prazo ata o luns

Suspendida provisionalmente a folga no transporte de viaxeiros por estrada na Coruña tras alcanzar un preacordo que non asinará a CIG

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...