InicioA CORUÑAOs médicos da Atención Primaria renovan a folga da sanidade pública ante...

Os médicos da Atención Primaria renovan a folga da sanidade pública ante a falta de diálogo da Xunta

Publicada o

Por Redacción

Levan un mes esperando despois da nova convocatoria de folga. Pero a falta de resposta da Consellería de Sanidade ás reivindicacións formuladas polos médicos e facultativos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), provocará novos paros en todos os centros de Atención Primaria do sistema sanitario público galego, nos que traballan case 3.000 facultativos.

O´Mega, o sindicato médico máis representativo en Galicia, decidiu así renovar a folga indefinida, que comezará o 2 de marzo. Esta folga retómase tras as declaracións coas que o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou acordos de xestión para tratar de desconxestionar as axendas médicas en distintas áreas sanitarias de Galicia.

O sindicato médico maioritario en Galicia considera que “as solucións economicistas formuladas polo conselleiro para tratar de garantir unha lista de espera dun máximo de catro días en Atención Primaria están condenadas ao fracaso porque terán un impacto nulo ao non ser negociadas cos verdadeiros representantes dos médicos e facultativos galegos e buscar como solución á falta de médicos a contratación de extracomunitarios, unha vía que xa fracasou cando foi proposta hai meses”.

O´Mega considera que “a Consellería pretende solucionar o problema con máis burocracia e sobrecargando aínda máis o traballo dos facultativos cando nin sequera se plasmaron aínda as medidas pactadas cos sindicatos de clase para desmobilizar a folga de médicos do pasado mes de novembro e que os médicos xa consideraran no seu día totalmente insuficientes”.

Para desconxestionar a Atención Primaria en Galicia e evitar o colapso dos centros de saúde e os PAC (Puntos de Atención Continuada) , o sindicato considera que “é necesario poñer en marcha un plan de choque que reduza a sobrecarga asistencial”.

Para iso, as reivindicacións dos profesionais pasan polo establecemento de axendas pechada, cun máximo de 30 pacientes por xornada laboral, e incentivar economicamente a prolongación da xornada para atender a sobredemanda.
O´Mega esixe tamén a voluntariedade do traballo dos sábados, que debería ser mellor remunerado nos Puntos de Atención Continuada, e un reaxuste das presenzas nos PACs para manter un cociente de 30 pacientes por médico.
Ademais, o sindicato reclama a equiparación salarial entre os facultativos de Atención Primaria e o fin da discriminación na retribución dos complementos a pediatras, odontólogos e farmacéuticos.

Máis novas sanitarias

Os médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un estatuto propio

O’Mega chama á folga a máis de de 10.000 sanitarios en Galicia

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

 

 

ÚLTIMAS

Máis de 225.000 persoas saíron á rúa para ver o eclipse nublado

A rebentar estaban as rúas da Coruña esta tarde de mércores 12 de agosto....

As exconcelleiras da Coruña que denunciaran acoso laboral desde a Alcaldía recorren o arquivo do expediente

As exediles socialistas no Concello da Coruña Esther Fontán e Eva Martínez Acón recorreron...

Abre a Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña este venres

A Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña inaugura este venres, día...

Folga do persoal de comercio da alimentación na Coruña para os días 15, 16 e 17

Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña volverá á folga este sábado,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here