InicioA CORUÑAGuía para non perderse nada do Entroido da Coruña e da comarca

Guía para non perderse nada do Entroido da Coruña e da comarca

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Facemos un repaso completo aos programas de Entroido da Coruña, pero tamén aos de Abegondo, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Entroido na Coruña

O Xoves de Comadres abriu, despois o Concurso de comparsas do pasado sábado, o programa municipal para o Entroido. Fíxoo rendendo hoxe homenaxe á científica Ángeles Alvariño, coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. O acto celebrouse no Arquivo Histórico Municipal de Salvador de Madariaga, e contou coas dúas protagonistas deste ano, as choqueiras Isa e Bego.

As choqueiras Isa e Bego no Xoves de Comadres coa alcaldesa da Coruna
As choqueiras Isa e Bego no Xoves de Comadres coa alcaldesa da Coruña

O programa herculino continúa con dous pratos fortes por diante: o desfile do sábado e a programación do Martes Choqueiro de Monte Alto. Antes Os Maracos, gañadores do Concurso do pasado sábado, actuarán este venres no acto de entronización do Deus Momo o venres, día 13, neste caso no Campo da Leña e na atalaia de San Roque

O concurso de comparsas nas modalidades de vestiario e coreografía e carrozas será o sábado 14 de febreiro a partir das 18.00 horas. En total, hai 25 comparsas e agrupacións inscritas no desfile. O Concello repartirá entre todos os concursantes ata 50 premios, cun importe total de 20.000 euros. Haberá en María Pita e nas rúas da súa contorna unha actuación musical de Farra Fanfarra durante a celebración do desfile.

Percorrido do desfile de Antroido Coruna 2026 copia
Percorrido do desfile de Antroido da Coruña

Xa dende as 10.00 horas cortarase ao tráfico a rúa San Andrés no tramo comprendido entre praza de Pontevedra e Pórtico de San Andrés.
A partir das 17.30 horas irase cortando o tráfico en función do percorrido do desfile, primeiro no acceso en Praza de Ourense, Juana de Vega, o Túnel Marina-Parrote en sentido saída da cidade… reanudándose cando vaia pasando a comitiva festeira.

O programa do Martes Choqueiro comeza ás 12:00 e non para ata a noite, con actividades arredor da Rúa da Torre.

Entroido de Culleredo: A Romaría de San Blas de Veiga

‘Discípulos do Miguel’ Terceiro Premio Entroido da Veiga Culleredo
Imaxe do Entroido da Veiga do 2024

O Entroido apoderarase de Culleredo cun programa pensado para toda a familia, e co Entroido da Veiga como referente comarcal.

Os nenos e nenas de Culleredo terán a súa principal cita o sábado 14 de febreiro co Entroido Infantil. Será de 17:00 a 20:00 horas no pavillón do colexio Sofía Casanova.
O rural será protagonista cun ciclo de actividades de animación infantil e obradoiros creativos nas parroquias do municipio. A chegada de don Carnal celebrarase o domingo 15, de 17:00 a 20:00 horas, nos centros sociais de Castro Laxe, Celas e Sueiro.
O programa continuará o luns 16 no centro Virginia Blanco de Fonteculler; o martes 17 no Noso Lar de Tarrío, Sésamo e Ledoño; o mércores 18 en Castelo, e o sábado 21 en Almeiras.

O programa carnavalesco complétase coa romaría de San Blas de Veiga o luns 16. O gran evento choqueiro iniciarase ás 12:30 horas e inclúe misa e procesión, desfile de comparsas, premios aos mellores choqueiros e o testamento. Todo iso, acompañado dunha comida popular e da orquestra Fania Blanco Show, que porá o acento musical á xornada.

Entroido-Culleredo-2026

Entroido de Oleiros

Entroido Oleiros 2025
Imaxe do concurso de Oleiros do ano pasado

O Concello de Oleiros organizará a tradicional festa de entroido o venres 20 de febreiro, coa orquestra Os Satélites. No concurso de disfraces repartiranse 5.200 euros en premios. Será en Santa Cruz, no pavillón Arsenio Iglesias, e comezará a media tarde.

Ademais desde o sábado 14 de febreiro ata o sábado 21 do mesmo mes, haberá festas de entroido en todas as parroquias do municipio organizadas polas entidades veciñais: animación infantil , chocolatadas, bailes de disfraces, queima do entroido, degustación de doces típicos do entroido e moito máis.

Festas de entroido nas parroquias:
– Lorbé: Sábado 14 – 17:00h – Casa do pobo
– Iñás: Luns 16 – 18:00h – Casa do pobo
– Dorneda: Luns 16 – 17:30h – Casa do pobo
– Oleiros: Luns 16 – 18:00h – Casa da República
– Perillo: Martes 17 – 17:00h – Pista polideportiva II República
– Dexo: Martes 17 – 17:30h – Casa do pobo
– Nós: Martes 17 – 17:00h – Praza da Liberdade
– Santa Cruz: Sábado 21 – a partir das 17:00h – Centro Cívico
– Mera: Sábado 21 – a partir das 13:30h – Praza da Lagoa

Luns Concurso de Orellas na Sagrada Familia

A cita gastronómica da AAVV Sagrada Familia será o luns 16 co Concurso de Orejas e o Baile de Carnaval. O evento terá lugar na pista polideportiva exterior (pista verde) a partir das 18:30 horas. O certame busca fomentar a participación cidadá, o enxeño e o ambiente festivo propio destas datas, converténdose nun punto de Encontro para familias, grupos de amigos e amantes do Entroido.

Entroido Sagrada Familia Coruna 2026

Entroido en Abegondo

entroido_abegondo-37
Imaxe do Entroido de Abegondo do ano pasado

Abegondo celebra o seu entroido este domingo, 15 de febreiro no campo da feira e no polideportivo. O programa incluirá propostas para todos os públicos cun fío condutor: a tradición, a animación e a diversión. Haberá concurso de disfraces, desfile, obradoiros e inchables para os máis pequenos e unha actuación musical a cargo de Carlos Manteiga. A xornada comezará dende as 17.00 horas mentres que ás 18.30 horas terá lugar o tradicional desfile de Entroido, que encherá o municipio de cor, creatividade e ambiente festivo. No concurso de disfraces repartiranse distintos premios.

Cambre: O Entroido Pequeno máis grande do mundo

O Concello de Cambre celebrará o Entroido Pequeno 2026 o vindeiro sábado 21 de febreiro, a partir das 16:30h, no Campo da Feira, cunha xornada festiva que combinará desfile, concurso de disfraces e actuacións musicais, consolidando esta cita como unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal.

FOTO CAMBRE- Entroido pequeno 5 copia
Imaxe do Entroido Pequeno de Cambre

Entroido de Arteixo

Por Arteixo, terán dúas citas. O martes 17 comeza coa celebración do Desfile e Concurso de Comparsas e Disfraces, que comeará cunha concentración na Avenida de Fisterra ás 17:00h, para saír de desfile por Candame, ata o campo da Festa, onde se celebrará o concurso.

O mércores 18, toca a Queima do Meco, cunha comitiva fúnebre que sairá ás 18:30h da praza do Balneario, ata o Anfiteatro, onde se fará a liturxia.

 

Máis novas

As coplas máis simpáticas, as de Monte Alto a 100, Pantaleón e Os Maracos

As choqueiras Isa e Bego, protagonistas do Antroido da Coruña 2026

Máis novas

ÚLTIMAS

Asociacións confían en que a familia Franco pague pola expropiación do Pazo de Meirás

Entidades memorialistas esperan que o Tribunal Supremo garanta a propiedade pública do Pazo de...

ASANOG lanza un crú pero esperanzador manifesto polo Día do Cancro Infantil

Emotiva cita a vivida este vernes no Materno. Co gallo do Día do Cancro...

Suspendida provisionalmente a folga do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

A división sindical segue poñendo en xaque aos usuarios do servizo transporte de viaxeiros...

Inés Rey admite estar “desgustada” tras o enfrontamento verbal no pleno da Coruña e chama ao respecto institucional

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recoñeceu este venres sentirse "desgustada" polo sucedido no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here