InicioA CORUÑAAs bandas galegas Arde, Jonydasvie, Montedapena e Raze súmanse en xullo ao...

As bandas galegas Arde, Jonydasvie, Montedapena e Raze súmanse en xullo ao festival coruñés Atlantic Pride

Publicada o

Por europapress

Bandas e artistas como Arde, Jonydasvie, Montedapena, Raze e Terrae Dj’s incorpóranse ao cartel da sétima edición do Atlantic Price que se celebrará na Coruña do 5 ao 12 de xullo. Este novo talento galego súmase aos nomes previamente confirmados: Miriam Rodríguez, Whigfield e Choriza May.

“Power pop, pop-punk, pop urbano, World Music, electrónica, músicas de baile e sons de raíz encherán o escenario”, segundo confirma a organización deste festival “gratuíto e inclusivo” impulsado pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO).

Así mesmo, apunta que “non faltarán a cítaa formatos híbridos, performance, danza e impactantes proxeccións audiovisuais”. “Un ano máis, no programa do ‘Orgullo do Norte’ terán cabida grandes figuras pop de hoxe e de sempre, coloridas actuacións de drags, picadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración dun Certame de literatura LGTBIQ+”, detalla.

Recalca, ademais, que o Atlantic Pride está “destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade desde unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos”.

Este evento conta co patrocinio institucional do Concello da cidade herculina, o apoio da Deputación provincial e o patrocinio de Estrela Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

[Galería]: 45.000 persoas ratificaron o Atlantic Pride como a cita máis Orgullosa do norte do estado

ÚLTIMAS

Xuventudes do PSOE da Coruña condenan “toda violencia” e piden non criminalizar aos manifestantes contra Vox

As Xuventudes Socialistas da Coruña condenaron "rotundamente" calquera "manifestación de violencia", tanto a "exercida...

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

Estas son as posicións dos grupos políticos ante os acontecementos de onte

Despois da comparecencia do Delegado do Goberno Pedro Blanco sobre as manifestacións e os...

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...