InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

O Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

Publicada o

Por Redacción

Interesante conversa arredor da auga, o patrimonio e a paisaxe a que se viviu o pasado mércores 4 de marzo na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Baixo o títuloO Monte Xalo: O Olimpo Ártabro. A auga, a paisaxe e o patrimonio que nos sostén”, Colectivo das Pedras Galladas ADEGA uniron forzas para artellar unha mesa redonda moderada por Xandro García que reuniu diferentes voces vinculadas ao territorio para reflexionar sobre o valor ecolóxico, social e cultural do Monte Xalo.

Na mesa participaron a investigadora en botánica da Universidade da Coruña Eva Martínez, a enxeñeira de montes Beatriz Rodríguez-Morales, Xan Castro, vogal da directiva do Monte Veciñal Xalo de Celas e o escritor e investigador da memoria popular Lois Vilar. Ao longo da sesión abordáronse cuestións clave como o papel dos montes veciñais en man común. Pero tamén a importancia ecolóxica do Xalo como regulador natural das augas, o seu valor social para a veciñanza e o seu patrimonio cultura, ecolóxico e arqueolóxico, ligado a lendas, pedras singulares, brañas e ecosistemas únicos.

Durante a conversa tamén se tratou a preocupación existente arredor do proxecto dunha central hidroeléctrica reversible na zona de Meirama, que podería ter impactos sobre o territorio e sobre o sistema de augas que abastece á comarca coruñesa. As persoas participantes coincidiron nunha idea compartida: que un monte danado non é un monte perdido e que a restauración ecolóxica é posible se se toman decisións orientadas á recuperación e ao coidado do territorio e non se permiten proxectos que o danen aínda máis.

O encontro contou cunha notable participación do público, que ampliou o debate con preguntas e reflexións e conectou tamén con outras experiencias de defensa do territorio na comarca.

Mesa Redonda sobre o Monte Xalo en AC Alexandre Boveda publico

Roteiro reivindicativa polo Xalo

 Para continuar con esta mesa redonda o domingo, día 15 de marzo farase unha Andaina reivindicativo polo Monte Xalo e acto informativo aberto a todo o público interesado.

 

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here