InicioA CORUÑAJorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

Publicada o

Por Redacción

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai ser o candidato nacionalista á Alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2027. Jorquera porá fin ao seu traballo no Concello ao termo deste mandato.

“O obxecto desta comparecencia é comunicarvos que no día de onte lle trasladei ao Consello Local a miña decisión de non ser candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de 2027”, anunciou Jorquera. “É o momento de pechar un ciclo”, sinalou.

Estamos perante unha decisión “longamente meditada”. “Tomeina hai xa tempo, mais creo que este é o momento oportuna para a facer pública”, engadiu. Varias razóns explícana. “Inflúen razóns persoais. A miña vida non se esgota na política e hai aspectos da miña vida persoal e familiar aos que lle quero prestar máis tempo e dedicación”, dixo. Alén dixo, lembrou que en maio de 2027 “vou ter perto de 66 anos e non me vexo con suficientes forzas para estar na Corporación outros catro anos máis”.

“A miña vontade”, continuou, “é seguir exercendo como concelleiro até fin de mandato. Mais tamén vos traslado”, díxolles aos medios, “que poño a disposición o meu cargo de portavoz do grupo municipal, por se o grupo municipal e o Consello Local do BNG consideran que sería positivo que se producise o relevo antes das eleccións municipais”.

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here