InicioA CORUÑAFuror na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

Publicada o

Por editor

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de agosto será un evento astronómico único que xa está a deixar a súa pegada nos aloxamentos galegos, xa moitos deles reservados para esa xornada, para a que aínda faltan cinco meses, e cun gran incremento de prezos, nalgunhas ocasións, o dobre do prezo habitual.

A Costa da Morte, o litoral da Coruña, a costa Ártabra, Ortegal e toda a costa norte de Galicia, así como diferentes puntos do interior, entre eles a montaña lucense, son algúns dos puntos nos que poderá verse completo este singular evento. A modo de preparación, xa son moitos –sobre todo estranxeiros, comenta o sector– que reservaron o seu aloxamento para desprazar a Galicia e non perder este momento histórico.

As preferencias están, sobre todo, na liña de costa, para poder ver a eclipse sobre o océano atlántico antes da posta de sol, sen elementos que o obstaculicen. Ademais, tamén se están rexistrando moitas reservas en áreas montañosas do interior de Lugo.

Desde o Cluster Turismo de Galicia lembran que a eclipse é “un evento relevante” para o sector, polo que moitas empresas vinculadas ao ámbito turístico da comunidade levan “bastante tempo” preparando esta data. Nesta liña, os establecementos e operadores turísticos galegos trasladan que se prevé un incremento importante de visitantes, sobre todo estranxeiros, que se achegarán a Galicia para poder observar un evento histórico.

MÁXIMA OCUPACIÓN

Isto, sumado a que o mes de agosto é en si mesmo un período de alta demanda, colocará a ocupación hoteleira de Galicia en niveis por encima do 90 a 95%, sinala o Clúster, o que se considera “máxima ocupación”.

Un rápido repaso polas webs de reserva de aloxamentos permite comprobar como mesmo áreas con moita oferta, como A Coruña, teñen xa poucas prazas libres. Na cidade herculina están reservados en torno ao 97% dos aloxamentos, algo que se replica noutras zonas como Ferrolterra. En detalle, na liña de costa, é moi difícil, por non dicir imposible, atopar un aloxamento libre, aínda que no interior aínda quedan prazas para gozar deste evento.

 

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here