InicioBARRIOSRescatan en Elviña a unha nena cuxa cabeza quedou atrapada nun valo...

Rescatan en Elviña a unha nena cuxa cabeza quedou atrapada nun valo da escola infantil

Publicada o

Por europapress

Bombeiros da Coruña interviñeron este luns para rescatar a unha nena pequena á que quedou atrapada a cabeza nun valo da escola infantil, segundo recollen no seu parte de incidencias o servizo de emerxencias 112.

Do suceso tívose constancia sobre as 11.40 horas cando desde o propio centro, situado na rúa Pablo Picasso, na zona de Elviña, alertaron do sucedido.

En concreto, explicaron que a unha nena quedáralle atrapada a cabeza nun valo e que non a daban sacado, aínda que precisaban ao 112 que non necesitaba asistencia sanitaria como finalmente ocorreu.

Desde o servizo de emergencais, informouse os bombeiros que interviñeron para retirar os listóns da citada estrutura. Tamén se deu aviso á Policía Nacional e Local, ademais de Urxencias Sanitarias 061 que non tivo que intervir.

No seu parte de incidencias, os bombeiros concretan que a menor tiña a cabeza metida entre dous listóns dun valo no patio de xogos. Á súa chegada atopáronse á nena nesa situación e á nai tranquilizándoa.

O equipo que se desprazou ao lugar utilizou un extensor hidráulico para desmontar os listóns e quitar á menor “sen causar máis danos que o susto do momento”.

ÚLTIMAS

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

A comunidade xorda de Galicia reivindica os seus dereitos humanos na Coruña

A cidade da Coruña acolleu este sábado a celebración do Día Internacional da Xordez,...

A Coruña investirá máis de 100.000 euros nun programa con 104 actividades para achegar a lectura ás crianzas

O Concello da Coruña destinará máis de 100.000 euros á dinamización lectora infantil a...