InicioA CORUÑAO IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

Publicada o

Por Redacción

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o consello reitor do IMCE vén de aprobar o pregos de licitación do programa de Lecer cultural para o curso 26/27 (comezarían en setembro). Un pliegos redactados sen a súa participación, que segundo o Concello”aportará unha maior seguridade xurídica ao persoal traballador”.

O orzamento do novo servizo de Lecer cultural será de máis de 634.000 euros repartidos en tres anualidades, de setembro a finais deste ano, e 2027 e 2028. O programa de Lecer seguirá realizando os cursos culturais do Fórum e do Ágora nas convocatorias de outono e primavera, campamentos de Nadal e verán, talleres monográficos e sendeirismo.

Por outra banda, o Concello está ultimando o contrato ponte que permitirá retomar o programa Lecer a partir do mes de abril tras a súa interrupción por causas alleas á administración. Deste xeito, retomarase o programa de primavera cunha nova empresa responsable da súa realización mentres non se adxudica o contrato definitivo. Con todo, nin usuarios nin docentes, a pesar das continuas peticións de manter unha reunión, non recibiron información directa desta teórica reanudación dos cursos, despois de 3 meses de parálise.

O consello reitor do IMCE tamén aprobou esta tarde as contas do exercicio de 2025, que finalizou cun superávit de 559.510 euros. En total, a empresa pública ingresou 11.378.691 euros o pasado ano fronte a 10.630.504 euros de gastos, ao que hai que aplicar 188.676 euros de desviacións de financiamento do exercicio.

Máis novas

Docentes e usuari@s dos cursos culturais do Programa de Lecer piden información directa do Concello

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here