InicioA CORUÑAA comunidade educativa únese volve á rúa este mércores para denunciar o...

A comunidade educativa únese volve á rúa este mércores para denunciar o abandono da escola pública

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Comunidade educativa de toda Galicia convoca diversas manifestacións ao longo do país o vindeiro mércores 6 de maio, ante a situación de deterioro e falta de recursos que afecta á escola pública. Na Coruña será a partir das 18:00h na praza de Catro Camiños, dende a Piolleira, o parque que hai detrás do centro xuvenil Remanso.

Unhas mobilizacións nacen da necesidade dunha unión por parte de toda a comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado, persoal de coidados e persoal non docente para reivindicar solucións urxentes ante unha situación de falta de financiación, recursos humanos e deficiencias graves en infraestruturas; así coma a importancia de garantir unha atención real á diversidade e a necesidade dun plan público e accesible de recursos que garantan unha escola pública, digna, segura e de calidade. A situación actual da escola pública é grave.

As 25 convocatorias contan co apoio de numerosos colectivos, como son a Federación de ANPAS A Gameliña, ANPAS da provincia da Coruña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, outras federacións de ANPAs comarcais, as propias ANPAS dos centros públicos, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e estudantado (Fervenza, Erguer e o Sindicato de Estudantes) e outros colectivos como AGOEP e NEG.

6m Coruna manifestacion

 

As familias e docentes denuncian ratios imposibles, falta de profesorado e especialistas en atención á diversidade, centros en condicións lamentables e Infraestruturas totalmente inseguras e insalubres.

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

 

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here