InicioA CORUÑADelegados do comercio variado péchanse na patronal coruñesa contra o convenio estatal...

Delegados do comercio variado péchanse na patronal coruñesa contra o convenio estatal do téxtil

Publicada o

Por Ángela Precedo

Un pequeno grupo de delegadas e delegados do comercio vario (nomeadamente traballadoras das tendas de grandes multinacionais do téxtil) secundou este mércores un peche simbólico na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) para esixirlle á federación provincial que atenda a súa petición de reunión e negocie un acordo interprofesional.

O obxectivo, segundo explicou a CIG, é garantir a prioridade de aplicación do convenio da Coruña fronte ao convenio estatal de ARTE que se está a negociar en Madrid.

Mobilizacións contra o convenio estatal

A central sindical sinala que esta acción de protesta forma parte do calendario de mobilizacións e folgas que as traballadoras e traballadores sobre todo do sector téxtil veñen desenvolvendo nas últimas semanas.

Segundo a CIG, estas protestas responden ás pretensións da gran patronal do téxtil e do calzado, agrupada na patronal ARTE, de impoñer un convenio estatal para o sector.

O sindicato considera que ese convenio suporía “un retroceso de 20 anos nos dereitos laborais e salariais” acadados polo persoal nos sucesivos convenios de comercio variado da Coruña.

Blindar os convenios provinciais

A CIG lembra que está a solicitar encontros coas diferentes patronais provinciais do comercio para iniciar a negociación dun acordo interprofesional que protexa os convenios provinciais fronte ás interferencias da negociación estatal.

A central defende un marco propio galego ou provincial que permita manter as condicións xa conquistadas polo persoal do comercio variado e evitar que o convenio estatal rebaixe dereitos consolidados.

Segundo explica, esa vía sería semellante á xa asinada pola patronal vasca, que si aceptou avanzar nun acordo para blindar o seu marco propio.

Críticas á patronal galega

No seu comunicado, a CIG acusa a patronal galega de negarse a avanzar nese marco propio, malia que, segundo o sindicato, a lexislación vixente o permite e o avala.

A central sinala ademais que a patronal coruñesa é a máis reticente a abrir esa vía de negociación.

Co peche simbólico na Confederación de Empresarios da Coruña, os delegados buscan presionar para que se abra unha mesa de diálogo e se garanta que o persoal do comercio variado non perda condicións laborais nin salariais pola aplicación dun convenio estatal.

Máis novas do conflito téxtil

As traballadoras do comercio volven manifestarse rotundamente contra o convenio da patronal ARTE

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

ÚLTIMAS

O Concello contratará un software para controlar as colonias felinas

O Concello da Coruña sacou a contratación un servizo de xestión das colonias felinas...

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here