InicioA CORUÑAAvia Veira acusa a Inés Rey de "triunfalismo e autocomplacencia"

Avia Veira acusa a Inés Rey de “triunfalismo e autocomplacencia”

Publicada o

Por Redacción

Saía onte alcaldesa Inés Rey a facer balance do seu mandato. Unha intervención na que destacou o seu liderazgo e capacidade de diálogo.

De contado, respondía a candidata do BNG ás eleccións municipais de 2027, a concelleira Avia Veira, que criticaba que “o triunfalismo, a autocompracencia e a propaganda non dan ocultado a realidade dun Goberno de Inés Rey esgotado e sen ideas novas”.

“É un Goberno Local que, ademais, nin escoita nin dialoga. Compórtase como se tivese maioría absoluta, cando nin sequera a ten simple”, censura a nosa portavoz en María Pita.

“Ao longo dos seus case 8 anos de mandato, o Goberno de Inés Rey ten demostrado que falla no pequeno, no mediano e no grande. Falla no pequeno -na limpeza das rúas, no mantemento dos barrios-, falla no mediano -cos contratos caducados en servizos como o do bus urbano ou o da planta de Nostián- e falla no grande, coa mala xestión das contas do
Concello, cun desfase orzamentario de 12 millóns de grandes, e co anuncio de eventos que, como o mundial 2030, finalmente fican en nada”, avalía Avia Veira, apuntando que moitos dos fitos conseguidos polo goberno socialista son froito dos acordos co BNG (desde a oficina para o asesoramento das persoas que viven alugadas até determinados investimentos nos barrios).

Para Avia Veira, é evidente tamén que Inés Rey “como alcaldesa non ten sido capaz de formar e liderar un equipo cohesionado. E sen un equipo cohesionado é imposíbel xestionar ben a cidade”.
“É un Goberno Local que goberna pensando non na xente nin nos barrios, senón nos intereses duns poucos. Fai as cousas por impulsos, sen planificación, sen compromisos firmes e sen traballo constante”, conclúe.

Máis novas

Inés Rey reivindica “o mandato do diálogo e a amabilidade” á fronte da cidade da Coruña

Ana Pontón presentou a Avia Veira como a candidata do BNG para que A Coruña “dea un paso adiante”

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here