InicioBARRIOSElas tamén son Artistas

Elas tamén son Artistas

Publicada o

Por Redacción
O noveno ciclo metropolitano pola Igualdade Elas Son Artistas retoma a súa actividade con forza. Fai so uns días inauguraba unha nova iniciativa que recoñecerá a nove mulleres consideradas Artistas do Día a Día pola súa veciñanza.
Con humildes homenaxes e unha lámina personalizada da artista sevillana Mari Muriel, vanse ir coñecendo mulleres que pola súa humanidade e implicación coa comunidade merecen ser coñecidas. Serán tres que viven no Concello da Coruña e unha máis por cada un dos concellos que participan no ciclo: Arteixo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. A través do correo elassonartistas@gmail.com ou por mensaxes nas redes, calquera persoa pode enviar candidatas xustificando a súa proposta.
A primeira en obter o recoñecemento xubilouse este sábado 27 de xuño, deixando orfos da súa amabilidade, e bo produto local, á veciñanza de Mponte Alto. E á parella de veciños que a propuxeron a tempo para recibir este sigular recoñecemento proposto dende as redes do Elas Son Artistas: Isabel Ares, de Ultramarinos Isabel na Vereda do Polvorín foi unánime. Catro décadas adicadas a axudar a quen podía dende ese centro neurálxico no que os alimentos son o punto de encontro da veciñanza de Monte Alto.

Axenda do Elas son Artistas

 
E tamén no barrio segue este luns 29 de xuño a actividade cultural. Neste caso cunha artista de Nashville, a capital da música Country. Dende alía chega Stacy Antonel, unha cantante e compositora que visita por primeira vez a Sala Mardi Gras. Será en formato dúo e con inicio ás 21:30. As entradas poden mercarse en Entradium.com dende 12 euros.
STACY ANTONEL Photo by Natia Cinco 01-24.jpg
Stacy Antonel este luns, dende Nashville, na Sala Mardi Gras en única data en Galicia
No mes de xullo tamén se poderá gozar da música de Sofía Espiñeira, o venres 3 ás 20:30 no auditorio exterior do Paseo Fluvial de Arteixo. 
 
Sofia Espiñeira.jpg
 
O mércores 15 a cita será na Praza de Azcárraga. A actuación da vasca Mäbu ás 20:15 será un luxo para os sentidos xa que simultáneamente estará pintando en directo Mónica Coto. O acceso tamén será libre grazas ao Concello da Coruña.
E a finais de mes chegará unha exposición da artista Xulia Pisón na Casa Museo María Pita nunha colaboración entre Elas Son Artistas e Viñetas desde o Atlántico. 

ÚLTIMAS

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

Tras críticas do BNG, tamén o movemento Sumar A Coruña vén de cuestionar unha...

O convulso retorno do Dépor a Primeira

A estrea en Riazor ante o Elxe estivo marcada polos colapsos nas taquillas, as...

Reclaman solucións para a “presión asistencial” no Chuac mentres a xerencia di garantir a atención en “tempo e forma”

O Sindicato de Técnicos en Enfermaría (SAE) esixiu á xerencia da área sanitaria da...

O festival Beatout acolle unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais

Unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais participan na Coruña no festival 'Beatout',...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here