InicioA CORUÑAAs festas de María Pita: arte, música e cultura no corazón da...

As festas de María Pita: arte, música e cultura no corazón da Coruña

Publicada o

Por Claudia Varela Lourido

A cantante Luz Casal abrirá o 1 de agosto as festas de María Pita, que incluirán unha proposta variada de artistas e de xéneros, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, na presentación destas. Delas, sinalou que incluirán unha programación que volverá converter a cidade “no gran escenario cultural e festivo de Galicia” durante os meses de xullo e agosto.

Rey estivo acompañada polo autor do cartel, o artista coruñés Correa Corredoira, a artista Mercedes Peón e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. No cartel deste ano, o artista coruñés representa a cidade e os seus elementos máis característicos nunha peza exclusiva. “Un creador cunha traxectoria sólida e unha linguaxe propia, que sitúa a súa obra entre a tradición e a modernidade, e que nos entrega unha peza única, con personalidade e forza, á altura do que representan estas festas”, subliñou Inés Rey sobre unhas festas que terán como pregoeira a actriz e humorista Lucía Veiga.

“Apostamos por unha programación ampla, diversa e de calidade, que encherá a cidade de actividade todos os días do mes”, afirmou a rexedora. A programación arrincará xa a mediados de xullo co Festival Manicómicos e estenderase ata finais de agosto, combinando música en directo, cultura popular, artes escénicas e propostas familiares en distintos barrios da cidade.

A praza de María Pita volverá ser o gran escenario das festas, coa celebración das Noites de María Pita, que contarán cun cartel variado e con artistas de primeiro nivel. O ciclo abrirase o 1 de agosto con Luz Casal, tras o pregón de Lucía Veiga, e contará tamén coas actuacións de Mercedes Peón (2 de agosto), Lana Delio Valdez (3 de agosto) e o macroevento Los40 Summer Live (4 de agosto), con artistas como DePol, Enol ou Chema Rivas.

Despois da pausa do Noroeste, o programa musical continuará con Ginebras (9 de agosto), o espectáculo familiar ‘El Libro de la Selva’ (10 de agosto) e The Rapants (11 de agosto). Ademais, haberá a actuación da orquestra Los Satélites coincidindo co eclipse (12 de agosto) e o concerto de Fillas de Cassandra (13 de agosto). Pechará o ciclo Israel Fernández o 15 de agosto. Isto, dentro doutras propostas no Teatro Colón ou a tradicional Batalla Naval.

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña apunta a “motivos persoais” detrás da dimisión de Noemí Díaz

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, insistiu en que a dimisión da...

O #Aquítaménsefala tamén leva un premio da Real Academia Galega

Segue cambiando a historia da lingua galega a mocidade do IES Rafael Dieste. O...

O voceiro do PP local da Coruña reitera a súa denuncia por suposto acoso sexual a tres funcionarias municipais

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, reiterou...

A UDC e Vento establecen un convenio para a creación dunha cátedra sobre IA e servizos xurídicos

A Universidade da Coruña (UDC) e Vento Avogados & Asesores asinaron este luns un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here