Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo case 40 anos ininterrumpidos acudindo a Maratón Inferior / General, e estes últimos días están a ser os máis cabreantes, tristes, e decepcionantes da miña vida deportivista. Vivín derrotas dolorosas e derrotas humillantes, sufrín descensos, perdín ascensos, perdín títulos no último minuto, etc., e paseino moi moi mal. Pero nada parecido a isto. Por primeira vez en todo este tempo plantéxome non renovar.
Porque isto, este dano, esta inxustiza, esta decepción, este insulto, faimo o meu clube. Non un rival, non alguén alleo, non. O meu propio clube, a través da sua directiva. O clube que quero e do que me sinto parte. O clube ó que me levou meu pai xunto coa miña irmá, o clube que comparto con moitas grandes amizades, e ó clube ó que levei ós meus sobriños.
Porque a directiva do meu clube, decidiu que a discriminación, o abuso de poder, a criminalización, e a falla de memoria e de respeto, son válidos e, polo visto, necesarios. A directiva do meu clube quere impoñer unhas condicións abusivas e draconianas. E, para facelo ainda peor, quere impoñerllas nada máis a unha parte dos socios e socias, simplemente pola grada na que teñen a sua localidade. Estes socios e socias non van disfrutar dos mesmos dereitos básicos que o resto do Estadio. Así de simple, e así de triste.
Os socios e socias de Maratón inferior, uns 4.000, non poderán facer a renovación do carné online. Hai que facelo presencialmente, e firmar un documento aceptando esas condicións abusivas, e, según se entende, deixar unha copia do DNI (haberá que ver que dí a LOPD). Tampouco poderemos prestar ou ceder o noso carné baixo nengún concepto, mentres se nos segue a esixir a asistencia a un mínimo de 15 partidos dos 19 que xogamos en Riazor.
A directiva do meu clube poderá dispoñer do meu asento sempre que queira para acomodar a quen lle pete. Ese asento que xa nen sequera vou ter asegurado dun ano para o outro. A directiva do meu clube poderá decidir normas específicas de control, identificación, e acceso, para esta grada. E todo isto rematado cunhas subidas do 60% nos prezos dos abonos.
E isto pasa cando estabamos no mellor momento do deportivismo que eu lembro. Despois de pasar anos moi duros, máis que os 8 fora de Primeira, había unha unión, unha ilusión, e unha dimensión social como nunca se vira. Pasaramos todo isto xunt*s e iso nos fixo máis fortes. E o propio clube sacaba peito con esas imáxenes de rúas, estadios, e pobos enteiros tomados polo branquiazul. Un nivel de compromiso, de paixón, que resonou no mundo enteiro, e consolidou unha imaxe de clube. E agora, con estas medidas inxustas, o que nos din é que non, que nunca contamos, que somos meros números, e que non sinten por nós ningún respeto nin valoran o aportado. Por suposto creo que se equivocan, pero ademáis creo que non mediron ben. Non saben o que é un estadio sen animación, sen alma. Sen iso ese “producto” que están intentando vender non ten atractivo.
Porque as causas principais de todo isto, na miña maneira de velo, son dúas. Unha é que se mercou unha imaxe de grupo violento (Riazor Blues) e, por extensión dunha grada (Maratón Inferior), que se leva tratando de impoñer dende Madrid, principalmente, dende a morte de Jimmy, e que repuntou durante a polémica co Fuenlabrada. Hai que lembrar que tralo asasinato a primeira sanción foi para nós, o clube da víctima, e nunca para o Frente Atlético. Como digo, mercouse o relato, e pode palparse no texto coas novas medidas. Retrátrase a nosa grada como un lugar violento e problemático, cando a realidade é que nunca pasa nada e está cheo de familias que acuden ós partidos tranquilamente, sen riscos.
E a segunda causa é que a xentrificación leva tempo chegando ó futbol, como á maioria dos sectores e actividades da nosa sociedade. A excusa de “limpar ó fútbol” (que foi necesario nos 80 e 90, moi violentos) non é agora máis que outra vía á xentrificación. Certas partes de afección sobran, o clasismo imponse. Buscase facer negocio con xente dun certo nivel económico que vaia ós estadios a desfrutar dunha “experiencia”, como xa pasa en Madrid e Barcelona, por exemplo. E ésta experiencia ten que ser limpa, branca, e controlada. E isto, señores e señoras, non é unha experiencia diseñada somentes para venderse. Isto é unha parte moi importante da vida de moita xente. E, como dixo algúen, o fútbol é o derradeiro espazo de paixón pura, que non atende a nengún tipo de interés, e iso é incontrolable. Pero este tipo de decisións conseguen que ademáis de enfrentarnos co clube, tamén nos enfrentemos entre nós (hay xente que non entende que os seguintes poden ser eles) e así, sexamos máis maleables.
Creo, e espero que así sexa, que a directiva está a tempo de rectificar, de mostrar respeto por esta afición que o levou a ser o que é, de compromenterse con valores e dereitos e non con outros intereses ou deixarse levar polo orgullo, e retomar unha época de unión e ilusión.
Así non, Depor, así nunca, pero estamos a tempo… Forza Depor.
- Marcos García Patiño. Fillo, irmán, tío, e amigo. A empatía é todo

