Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo case 40 anos ininterrumpidos acudindo a Maratón Inferior / General, e estes últimos días están a ser os máis cabreantes, tristes, e decepcionantes da miña vida deportivista. Vivín derrotas dolorosas e derrotas humillantes, sufrín descensos, perdín ascensos, perdín títulos no último minuto, etc., e paseino moi moi mal. Pero nada parecido a isto. Por primeira vez en todo este tempo plantéxome non renovar.
Porque isto, este dano, esta inxustiza, esta decepción, este insulto, faimo o meu clube. Non un rival, non alguén alleo, non. O meu propio clube, a través da sua directiva. O clube que quero e do que me sinto parte. O clube ó que me levou meu pai xunto coa miña irmá, o clube que comparto con moitas grandes amizades, e ó clube ó que levei ós meus sobriños.
Porque a directiva do meu clube, decidiu que a discriminación, o abuso de poder, a criminalización, e a falla de memoria e de respeto, son válidos e, polo visto, necesarios. A directiva do meu clube quere impoñer unhas condicións abusivas e draconianas. E, para facelo ainda peor, quere impoñerllas nada máis a unha parte dos socios e socias, simplemente pola grada na que teñen a sua localidade. Estes socios e socias non van disfrutar dos mesmos dereitos básicos que o resto do Estadio. Así de simple, e así de triste.
Os socios e socias de Maratón inferior, uns 4.000, non poderán facer a renovación do carné online. Hai que facelo presencialmente, e firmar un documento aceptando esas condicións abusivas, e, según se entende, deixar unha copia do DNI (haberá que ver que dí a LOPD). Tampouco poderemos prestar ou ceder o noso carné baixo nengún concepto, mentres se nos segue a esixir a asistencia a un mínimo de 15 partidos dos 19 que xogamos en Riazor.
A directiva do meu clube poderá dispoñer do meu asento sempre que queira para acomodar a quen lle pete. Ese asento que xa nen sequera vou ter asegurado dun ano para o outro. A directiva do meu clube poderá decidir normas específicas de control, identificación, e acceso, para esta grada. E todo isto rematado cunhas subidas do 60% nos prezos dos abonos.
E isto pasa cando estabamos no mellor momento do deportivismo que eu lembro. Despois de pasar anos moi duros, máis que os 8 fora de Primeira, había unha unión, unha ilusión, e unha dimensión social como nunca se vira. Pasaramos todo isto xunt*s e iso nos fixo máis fortes. E o propio clube sacaba peito con esas imáxenes de rúas, estadios, e pobos enteiros tomados polo branquiazul. Un nivel de compromiso, de paixón, que resonou no mundo enteiro, e consolidou unha imaxe de clube. E agora, con estas medidas inxustas, o que nos din é que non, que nunca contamos, que somos meros números, e que non sinten por nós ningún respeto nin valoran o aportado. Por suposto creo que se equivocan, pero ademáis creo que non mediron ben. Non saben o que é un estadio sen animación, sen alma. Sen iso ese “producto” que están intentando vender non ten atractivo.
Porque as causas principais de todo isto, na miña maneira de velo, son dúas. Unha é que se mercou unha imaxe de grupo violento (Riazor Blues) e, por extensión dunha grada (Maratón Inferior), que se leva tratando de impoñer dende Madrid, principalmente, dende a morte de Jimmy, e que repuntou durante a polémica co Fuenlabrada. Hai que lembrar que tralo asasinato a primeira sanción foi para nós, o clube da víctima, e nunca para o Frente Atlético. Como digo, mercouse o relato, e pode palparse no texto coas novas medidas. Retrátrase a nosa grada como un lugar violento e problemático, cando a realidade é que nunca pasa nada e está cheo de familias que acuden ós partidos tranquilamente, sen riscos.
E a segunda causa é que a xentrificación leva tempo chegando ó futbol, como á maioria dos sectores e actividades da nosa sociedade. A excusa de “limpar ó fútbol” (que foi necesario nos 80 e 90, moi violentos) non é agora máis que outra vía á xentrificación. Certas partes de afección sobran, o clasismo imponse. Buscase facer negocio con xente dun certo nivel económico que vaia ós estadios a desfrutar dunha “experiencia”, como xa pasa en Madrid e Barcelona, por exemplo. E ésta experiencia ten que ser limpa, branca, e controlada. E isto, señores e señoras, non é unha experiencia diseñada somentes para venderse. Isto é unha parte moi importante da vida de moita xente. E, como dixo algúen, o fútbol é o derradeiro espazo de paixón pura, que non atende a nengún tipo de interés, e iso é incontrolable. Pero este tipo de decisións conseguen que ademáis de enfrentarnos co clube, tamén nos enfrentemos entre nós (hay xente que non entende que os seguintes poden ser eles) e así, sexamos máis maleables.
Creo, e espero que así sexa, que a directiva está a tempo de rectificar, de mostrar respeto por esta afición que o levou a ser o que é, de compromenterse con valores e dereitos e non con outros intereses ou deixarse levar polo orgullo, e retomar unha época de unión e ilusión.
Así non, Depor, así nunca, pero estamos a tempo… Forza Depor.
- Marcos García Patiño. Fillo, irmán, tío, e amigo. A empatía é todo.
Outras novas
A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor


O mellor que se pode facer é unha limpa a fondo de esa grada: RB e Old Faces controlan Maratón. Chegan algúns bébedos, insultan, menosprezan, desexan bombas a determinadas ciudades, … Politización co BNG, bandeiras palestinas … O deporte siempre FORA da política. Estou coa directiva. Oportunidade para botar FORA a os indeseables como fixeron en Madrid, Barcelona, Vigo, Bilbao, etc.
Qué sucede? No os ha gustado mi comentario de antes, eh? Así que hay que aplicarle el filtro de la moderación porque no os gusta que os canten las verdades? Pues es lo que hay y lo siento por este pobre hombre que seguro que no ha hecho nada malo en la grada de maratón donde está ubicado, pero estoy totalmente de acuerdo con la directiva del señor Escotet como ya manifesté antes y vosotros me habéis censurado.
En esa grada hace tiempo que Old Faces y RB campanan a sus anchas con toda suerte de cánticos despectivos, menosprecios, insultos graves a las aficiones rivales, y todo esto acumula una cantidad de multas que el club tiene que abonar por culpa de ese sector.
Con lo que hace falta una muy buena limpia y estoy completamente de acuerdo de la gentrificación del club. Me parece lo mejor.
Sean eliminado a los grupos violentos en el real Madrid, en el Barcelona, en el celta, en los equipos vascos, toda la morralla tiene que salir fuera, por que esta gente no va a cambiar, seguirán con su discurso político, con banderas del BNG, de Palestina, etc. Y la política no tiene cabida absoluta en el deporte.
Con lo cual me he llevado una grandísima noticia.
Ya sé que este comentario no lo vais a publicar porque nos conviene, pero estéis bien jodidos porque las cosas van a cambiar, bueno, en realidad están ya cambiando en el RC DEPORTIVO y para bien.
Creo que pola imaxe do club, porque o esixe LaLiga, porque hai que desterrar a imaxe da viloelncia e do insulto que acarrexa o Deportivo nos últimos anos, por todo iso un grande aplauso á directiva do Dépor. Hai que poñer coto aos que se manifestan cunha radicalidade inasumible. Podes ser radical en política, pero non radical no desprezo ao rival, non radical nos comportamentos inadmisibles e no insulto. Non podemos caer na arxentinización do noso fútbol, no exemplo dos “barras bravas” ( e xa sei que esaxero coa comparación). O que quero dicir é que hai que cortar de raíz con eses comportamentos inadmisibles. Por unha vez estou de acordo coa directiva do Dépor.
Perdón. Quería escribir VIOLENCIA correctamente no texto anterior.