InicioDEPORTESEscalando cos avós

Escalando cos avós

Publicada o

Por Redacción

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de portas abertas de escalada inclusiva e interxeracional con motivo do Día Internacional dos Avós, que se celebrará dous días despois. A actividade desenvolverase entre as 10.00 e as 14.00 horas e está dirixida principalmente a avoas, avós, netas, netos e, en xeral, a persoas de todas as idades a partir dos cinco anos.

O evento está organizado por AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) e impulsado pola Fundación Emalcsa no marco da XII Convocatoria de Deporte Inclusivo.

O encontro será de balde e terá como finalidade “favorecer a convivencia, a inclusión e a creación de vínculos familiares a través da práctica deportiva. É unha oportunidade para achegarse a esta disciplina nun ambiente de cooperación e acompañamento”, sinala Mariquiña Castiñeira, coordinadora de AMI.

A actividade organizarase en tres quendas para facilitar o seu desenvolvemento e ordenar a participación. Será necesario inscribirse previamente e cada persoa poderá tomar parte
unicamente nunha delas. As prazas son limitadas, polo que deberá reservarse con antelación a través do teléfono habilitado pola organización: 667 967 227 ou neste formulario.

 

 

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here