10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o vindeiro domingo 2 de agosto as asociacións de veciñais Pedra Longa, Os nosos lares e Uxío Carré, a Sociedade Recreativa e Cultural Tempo Novo e o colectivo lugrisán In Nave Civitas organizan a Romaría das Irmadades da Fala, recrearán a cita histórica que as Irmandades celebraron en Elviña nos anos 1916, 1918 e 1919.
Hai máis dun século, a Irmandade da Fala da Coruña xuntábase en Elviña para celebrar unha romaría campestre na que se reunían xentes chegadas da cidade coa veciñanza de Elviña e de moitos outros lugares da parroquia.
Vilar Ponte, Lugrís Freire e outras ilustres galeguistas da época escolleron estás terras como símbolo dos seus ideais e as súas loitas. Cen anos após seguimos a reivindicar Elviña como terra máxica que continúa a resistir contra a invasión do cemento.
PROGRAMA:
- 11:00 horas. ROTEIRO. Saída dos romeiros dende Vila Margarida. Casa da familia Carré. [Estrada de Eirís, 46]
Os romeiros da Coruña poderán achegarse en trole (1A) baixando na parada Estrada de Eirís, 40.
Rota a pé até Elviña. O ritmo será suave pero constante e pode ter treitos non totalmente axeitados para as persoas con mobilidade especial. - 12:00 horas. Reagrupación, xuntanza e parada técnica no alto do Monte Mero.
- 14:00 horas. Xantar popular campestre na paraxe das Maceiras Cadaquén levará o seu xantar. Na sobremesa, amenizada por músicos do país, leranse textos dos irmáns e irmás da fala.
O acto é unha recreación polo que convidan ás persoas vestidas coas súas mellores galas esportivas de 1923!

