InicioBARRIOSA A.V. Agra rexistrou unha alegación colectiva asinada por 5.800 persoas contra...

A A.V. Agra rexistrou unha alegación colectiva asinada por 5.800 persoas contra os edificios do Parque da Agra

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asoc. Veciñal Agra presentaba esta mañá de martes 4 de agosto unha alegación común asinada por preto de 5.800 persoas a favor do Parque da Agra e en contra do Proxecto de Urbanización que pretende o Concello no prometido espazo verde.

A entidade rexistou unhas alegacións fronte á Modificación Puntual do PXOM no ámbito do polígono M22 por considerar que se trata dun “expediente viciado: incompleto e con erros documentais“. Para a comprometida veciñanza, “o Convenio e a MP-PXOM en trámite parten de premisas erróneas e argumentacións xustificativas fraudulentas, equívocas e enganosas respecto dos efectos da sentenza do TSXG2.

E poñen cifras: “con este expediente (DPE/2025/56) DRICAR multiplica por 3,35 veces a edificabilidade, cun incremento de + 235 % respecto do planeamento vixente (PXOM/1998)”.

I é que a campaña do “Parque da Agra Xa! non é unicamente un lema e reivindicación cidadá, tamén é a esixencia de cumprimento dos estándares de reserva dotacional de ZV/EL que se conteñen en distintas normas, plans e programas e o manifesto déficit que o barrio ten respecto desa dotación, tan afastada das ratios aconsellables por distintos organismos como a OMS (Organización Mundial da Saúde) ou a UE”, valoran.

Argumentos

Ademais de ver un informe “con erros e incompleto), a entidade xa alertou ademais do posible conflito de intereses na equipa redactora, e considera que esta “ordenación é contraria á legalidade, ao interese público e ás demandas da veciñanza en relación co parque público da Agra”

Entre os argumentos tamén consideran “insuficiente e deficiente estudo de mobilidade”, así como “insuficiente e deficiente estratexia de actuación (EA), estudo económico (EE), Informe de sustentabilidade económica (ISA) e memoria de viabilidade económica (MVE)”

Peticións

Con estas alegacións a Asociación veciñal Agra solicita que:

  • Non se aprobe MP-PXOM-Parque da Agra do expediente DPE/2025/56 (o que deixaría sen efecto ningún o Convenio urbanístico de 20/06/2024).
  • Arquivar o expediente DPE/2025/56.
  • Incoar un novo expediente de MP-PXOM que garanta un Parque da Agra consonte as necesidades e demandas reais deste barrio e da cidade da Coruña.

Propostas

Pero non queda aí a entidade veciñal, e ofrece ao Concello “diversa ferramentas técnicas e legais, ao alcance de calquera que interveña con honestidade, responsabilidade e vontade de servizo público na consecución dun parque urbano no barrio da Agra do Orzán”.

Así, a asociación veciñal considera que o Concello da Coruña debería

  • Procurar a cesión gratuíta das propiedades de titularidade pública neste ámbito, de acordo co art. 145 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas: unha parte substancial da propiedade do POL-M22 xa é de titularidade pública. Poñemos por caso: a parcela do Observatorio, de propiedade estatal, ten 7.812 m2, parte dos cales, excluídos os edificios existentes EQ3 e EQ2, poderían ser cedidos gratuitamente ao Concello para ZV/EL.
  • Procurar solucións de urbanismo táctico, non edificatorias, para tapar medianeiras como as experimentadas en Barcelona, París etc.
  • Aplicar un criterio básico de garantía material do exercicio de participación pública: procurar a integridade documental do expediente, sen contradicións nin erros entre os distintos documentos conformadores deste expediente.
  • Iniciar unha nova MP-PXOM redactada por unha equipa multidisciplinaria independente e sen relación profesional previa con DRICAR neste proceso.

 

 

Máis novas do conflito

 

ÚLTIMAS

Arquivada a denuncia de dúas exconcelleiras no PSOE por presunto acoso laboral por parte da alcaldesa da Coruña

O PSOE arquivou a denuncia que dúas exconcejalas socialistas, Esther Fontán e Eva Martínez...

A Xunta sorteará en setembro 50 vivendas de alugueiro accesible en Xuxán

A Xunta sorteará o vindeiro 9 de setembro un total de 50 vivendas de...

Sindicatos denuncian que empresas do sector hostaleiro na Coruña ofrecen aumento de soldo se non se fai folga

Os sindicatos convocantes da folga no sector hostaleiro da Coruña --CC.OO., UXT e CIG--...

Alfaroleiros arrinca este mércores en Santa Cruz con cinco días de olería, cultura e tradición

Oleiros inaugura este mércores, 5 de agosto, a XXXII edición de Alfaroleiros, unha das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here