InicioA CORUÑAMáis de 225.000 persoas saíron á rúa para ver o eclipse nublado

Máis de 225.000 persoas saíron á rúa para ver o eclipse nublado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A rebentar estaban as rúas da Coruña esta tarde de mércores 12 de agosto. E non era para menos, tendo en conta que iamos vivir unha eclipse total, un fenómeno astronómico que non acontecía na cidade dende 1912, e que non se repetirá aquí ata dentro de 400 anos.

A toda a veciñanza da cidade uníronse 5 cruceiros que atracaron no noso peirao para gozar do espectáculo, situando a Coruña no epicentro de todas as miradas.

E foi unha xornada histórica, con máis de 225.000 persoas botadas á rúa, segindo fontes municipais, ateigando cada recuncho do noso litoral. Sinalan que había unhas 125.000 entre o Aquarium e o Praia Club, incluíndo Riazor e Orzán; 30.000 no Monte San Pedro, 30.000 no Portiño, 25.000 na contorna da Torre e outras 10.000 repartidas polos barrios).

Pero chegou a hora e apareceron as nubes, impedindo ver a totalidade da eclipse. Si que se notou a caída da luminosidade, ese solpor, noite e mencer que durlou apenas un par de minutos, pero que ficará para a lembranza de todos e todas.

Eclipse solar na praia da Coruna

A xornada completouse coa autocontraprogramación do Teresa Herrera, pero era máis importante traer ao Madrid que fixar a atención no evento do século…

A poeta Estíbaliz Espinosa ante a eclipse: “Levo anos traballando esa trenza cósmica de poesía que mira ao ceo, así que ando con textos e merlos na cabeza”

Marcos Pérez, director dos Museos Científicos Coruñeses: “A experiencia da eclipse pode servir para concienciar sobre a necesidade de preservar as paisaxes naturais do firmamento”

 

ÚLTIMAS

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal...

A Coruña investirá máis de 100.000 euros nun programa con 104 actividades para achegar a lectura ás crianzas

O Concello da Coruña destinará máis de 100.000 euros á dinamización lectora infantil a...

O xornalismo galego defende á comunicadora coruñesa Lucía Dávila fronte ao acoso en redes sociais

Profesionais da información xeralista e deportiva pechan filas coa xornalista coruñesa tras facer...

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here