InicioA CORUÑAO Concello da Coruña suspende a licitación do SAF tras un recurso...

O Concello da Coruña suspende a licitación do SAF tras un recurso de Sumar

Publicada o

Por europapress

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGal) suspendeu preventivamente a licitación do servizo de axuda a domicilio na Coruña tras un recurso presentado por Sumar, segundo informa a formación política.

Con todo, segundo recolle o propio Tribunal no seu ditame tras o recurso, “a suspensión non afecta o prazo de presentación de ofertas”.

“Non estamos a falar dun trámite administrativo menor, estamos a falar dun servizo público esencial e dun contrato de case 60 millóns de euros”, sostén Trinidad Palacios, secretaria comarcal de Movemento Sumar Galicia na Coruña.

A formación cuestiona, entre outros aspectos, a inclusión de tarefas indeterminadas, as limpezas extraordianrias e de choque, o sistema de geolocalización, o cálculo de custos laborais e a información sobre a subrogación.

“Non se pode pór a competir ás empresas por horas dunha prestación que nin sequera está definida con precisión, iso non é garantir igualdade entre licitadores nin seguridade para as traballadoras”, sinala.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Un boi de Culleredo pulveriza o récor da Central Agropecuaria de Galicia: 10.521 euros

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que se celebra en Silleda, bateu a súa...

O Encontro Galego de Ilustración enche A Coruña de creatividade

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Encontro...