Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán e Matadoiro, para ver a Batalla Naval esta noite do venres 14 de agosto. O espectáculo recrea simbolicamente a defensa da cidade, liderada por María Pita, fronte ao asedio inglés de 1589, liderado por Francis Drake, un dos episodios máis destacados da historia coruñesa.
A contorna das Escravas concentrou a maior parte do espectáculo, e a Finca dos Mariño, na zona do Matadoiro, intentou responder con fermosas estampas, algunhas estoupadas dende o mar. A montaxe está concibida para representar visualmente o enfrontamento entre
as tropas inglesas e a resistencia coruñesa, coa maior intensidade de disparo situada nas Escravas, simbolizando a vitoria da cidade.
O espectáculo contou con 57 conxuntos pirotécnicos, máis de 12.000 artificios, un total de 2.594 ordes de disparo e preto de 852 quilogramos de materia regulamentada, distribuídos ao longo de máis de vinte minutos de duración. Entre os efectos previstos figuran palmeiras, crisantemos, crossettes, dalias, lentellas luminosas, fogos acuáticos e diferentes efectos dixitais sincronizados.
View this post on Instagram
Máis novas
Agosto en familia cos espectáculos de Cascarillarte polos barrios

