Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita Brava. A rúa principal do barrio acollía o acto promovido pola Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros, que incluíu a entrega dun diploma de recoñecemento e a descuberta dunha placa conmemorativa.
A homenaxe tivo lugar nunha contorna especialmente ligada á traxectoria de Manuel González, que naceu nas Xubias, medrou nos Castros e comezou a cantar nas festas do barrio nos anos setenta. Foi precisamente naquela etapa cando, a partir da canción Cañita Brava, adoptou o nome artístico co que posteriormente acadaría popularidade en toda España.
A súa traxectoria levouno á televisión, con aparicións en programas como El Semáforo e Crónicas Marcianas, e tamén ao cine, especialmente a través da saga Torrente. Malia a súa proxección estatal, mantivo sempre unha estreita vinculación coa Coruña e cos seus
barrio.

